O resumo: exercicios prácticos

Exercicio 1

Resume a 1/4 o seguinte texo de J.L. Pinillos:

"O progreso da mente e a evolución da cultura"

"Certamente, o primitivo razoa dunha forma moi distinta a como facémolo nós, e, en moitos aspectos o seu pensamento é, sen dúbida, inferior ao noso, no sentido de que acepta máis facilmente, crenzas falsas e comete máis erros obxectivos. Pero isto, en rigor, non constitúe unha cuestión exclusivamente psicolóxica. En rigor, o problema da avaliación da mente humana é inseparábel do da evolución da cultura. Evidentemente os razoamentos primitivos resultan pre-lóxicos para quen os axuizan a partir dun nivel cultural como o noso; pero son bastante lóxicos se se axuizan a partir da situación cultural na que se exercen. De feito, se a uns nenos do noso mundo se situáselles a partir dos primeiros meses da vida nunha comunidade primitiva, acabarían por razoar dunha maneira moi semellante á descrita; e, ao revés, un neno primitivo incorporado a partir do comezo da súa vida á nosa civilización acabaría por razoar como calquera de nós.

O que se deduce, pois, de todo isto é que a "mente" e o seu nivel constitúen o resultado dunha longa evolución, biolóxica primeiro e cultural despois. A mente humana non pode explicarse só a partir duns principios anímicos e unhas facultades que despregan as súas potencialidades en abstracto; a mente humana ha de explicarse tamén como resultado dunha interacción social e da participación de cada individuo nunha cultura que é transpersoal."

J.L. Pinillos, "La mente humana", (p.41), Salvat ed., Madrid, 1969

Proposta de solución:

Proposta A:

O home primitivo razoa dun modo distinto - e incluso inferior- ao noso, o que se intentou explicar mediante factores exclusivamente psicolóxicos. Non obstante, experiencias contrastadas demostraron que tal diferenza é máis cultural que biolóxica. A mente humana, pois, non debe explicarse só mediante factores psicolóxicos, senón tamén culturais.

(48 palabras)

Proposta B:

A mente humana non debe explicarse só mediante factores psicolóxicos, pois aínda que se intentou explicar a diferenza entre o noso razoamento e o do home primitivo só dese modo, experiencias contrastadas demostraron que a devandita diferenza é máis cultural que biolóxica, polo que os factores culturais han de intervir na súa explicación.

(53 palabras)

Proposta C:

Na evolución da mente humana interveñen factores biolóxicos e culturais. Os estados anímicos, as facultades mentais, que caerían no ámbito da bioloxía, son, non obstante, menos determinantes que as relacións cos demais, a participación do individuo na sociedade, é dicir, que a cultura.

(43 palabras)

Elabora outra posíbel solución.