O comentario: exercicios prácticos

Exercicio 5

Comenta o seguinte texto de Garndner Lindzey (o mesmo do exercicio 4 do resumo e da análise):

ESTADOS DE CONCIENCIA

"Polo xeral, creemos que a conciencia é a percepción sensorial das escenas, sons e cheiros que están preto de nós. Pero a nosa conciencia inclúe moitas máis percepcións. Calquera persoa que mire dentro de si mesma volverase consciente de, primeiro, certo número de sensacións corporais. Notará o ritmo da respiración e os latexos do corazón, sentirá movementos do estómago, a saliva na boca, a textura e o peso das roupas, pequenos dores, proídos e, incluso quizais, dores pasaxeiros. Ademais destas sensacións físicas, a persoa, coa introspección, vólvese consciente de emocións vagas - correntes de pracer, irritación ou de aburrimento. E, segundo o seu estado emocional, unha persoa pode ser consciente, perfecta ou vagamente, do paso do tempo, do futuro, da súa propia mortalidade, da continuidade da súa conciencia e da individualidade imprescindíbel de seu eu consciente.

Aínda que lles é difícil aos individuos describir a súa propia conciencia con certo grao de precisión, a sensación do propio ser está, sen embargo, animada dunha sensación cálida, de inmediateza e de riqueza. Esta percepción dun mesmo, complexa e a miúdo intensa, é particularmente evidente nos estados de plenitude emocional, coma cando faise o amor ou cando séntese unha pena moi grande. Sen embargo, está sempre presente, ata certo punto, nos momentos máis correntes e incluso máis aburridos da nosa vida. Fai pouco tempo que a psicoloxía desenvolve métodos para observar e rexistrar estes aspectos da conciencia. Baseámonos aínda, en gran parte, en descricións verbais, complementadas con rexistros relativamente sinxelos da frecuencia cardíaca, a respiración, as segregacións glandulares e a actividade eléctrica global do cerebro.

O nivel corrente da conciencia é o do pensamento consciente. Unha persoa sempre está pensando, incluso aínda que estea sentada tranquilamente, nun estado introspectivo. As ideas, aínda que sexan triviais, pasan continuamente pola súa conciencia. Ademais, a maior parte do pensamento normal, vai acompañado por reaccións no comportamento - xeralmente, cada vez que unha persoa pensa, a lingua e os músculos da garganta fan pequenos movementos -. Se non estase pensando activamente, estase probabelmente soñando. Unha persoa normal ten ao día, aproximadamente, 200 soños diúrnos (Singer, 1966).

Polo tanto, a conciéncia é a suma de todo o que un pode descubrir acerca dunha experiencia propia nun momento dado. Naturalmente, existen moitas máis cousas nunha persoa á parte da súa conciencia inmediata. Ten tamén moitos recordos - que están inconscientes, a menos que se lles chame mediante unha asociación ou intencionadamente - así como moitas motivacións e proxectos inconscientes. Conxuntamente, estes factores constitúen a identidade dunha persoa como un ser psicolóxico."

Garndner Lindzey, "Psicoloxía"