Reconstrúe a frase de Demócrito de Abdera
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 5. ao sorprenderse uns aos outros
- colisionan e algúns son expulsados
- calquera dirección, mentres que
- dos corpos compostos.
- 11. das súas figuras, tamaños, posicións
- baleiro infinito, separados uns
- en consonancia coa congruencia
- 1. Estes átomos móvense no
- figuras, tamaños, posición e orde:
- 7. mediante sacudidas ao azar en
- 3. doutros e diferentes entre si en
- 9. outros, entrelazándose mutuamente
- 13. unidos e así orixinan o nacemento
- e ordenamentos, mantéñense
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Estes átomos móvense no baleiro infinito, separados uns doutros e diferentes entre si en figuras, tamaños, posición e orde: ao sorprenderse uns aos outros colisionan e algúns son expulsados mediante sacudidas ao azar en calquera dirección, mentres que outros, entrelazándose mutuamente en consonancia coa congruencia das súas figuras, tamaños, posicións e ordenamentos, mantéñense unidos e así orixinan o nacemento dos corpos compostos."
Demócrito de Abdera, Fragmentos