Sección sobre as Probas de Acceso á Universidade (PAU) nas distintas comunidades e nacionalidades. Ofrecémosche os modelos de exame de filosofía (Bacharelato LOGSE) propostos no ano 2004 e seguintes, en xuño e en setembro, así como os criterios de corrección. Tamén atoparás ligazóns ás Universidades ou Organismos de coordinación das PAU onde poderás obter a información que precisas; ditos organismos dispoñen, ademais, dunha sección con exames de anos anteriores, (de todas as materias e modalidades de acceso, como Maiores de 25 anos, e outros plans de Bacharelato). Por outra banda, supoño que non compre lembralo, as Universidades e os Organismos de coordinación das PAU son as fontes autorizadas en todo o relacionado coa Selectividade, e debes dirixirte a elas para obter información. A información que che proporcionamos aquí é soamente orientativa e pode non estar actualizada.
No REAL DECRETO 1892/2008, do 14 de novembro, (BOE do 24 de novembro de 2008), regúlanse, a nivel estatal, as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas (Selectividade). A Corrección de erros do Real Decreto 1892/2008, de 14 de noviembre, foi publicada no BOE do sábado, 28 de marzo de 2009. A Orde EDU/1434/2009, de 29 de mayo, pola que se actualizan os anexos do Real Decreto 1892/2008, foi publicada no BOE nº 135, do 4 de xuño de 2009.
Podes consultar desde esta páxina do Ministerio de Educación a OFERTA DE TITULACIÓNS E AS NOTAS DE CORTE, por Universidade ou por Titulación.
Guía Oficial de Titulacións e Guía de Másteres Oficiais e Doutoramentos (2009-2010) elaborada pola Rede de Gabinetes de Comunicación das Universidades, un dos grupos de traballo da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), en colaboración co MEC.
Guía Oficial de Titulacións e Guía de Másteres Oficiais e Doutoramentos 2010 - 2011
O "Espazo Europeu de Educación Superior" é un plan que puxeron en marcha os países europeus para regular en materia de educación a converxencia europea. A súa web nace coa idea de "axudar a todas aquelas persoas que desexen obter unha información básica sobre o EEES, a súa orixe, o seu presente e o seu futuro". Na sección "Documentación" atoparás tanto as Declaracións das Conferencias de Ministros que participaron no proceso de Boloña, como o Documento-Marco do Ministerio de Educación e os Decretos que regulan a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.
Espacio Europeo de Educación Superior
| Páxina seguinte |