Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede

Cronoloxía


Séculos -VII ao - I

Lista de filósofos/as e referencias a algúns feitos relevantes da época
Século Filosofía e ciencia Arte e literatura Política e sociedade

Século -VII

Persiste a influencia de Homero e Hesíodo, recoñecidos como os educadores do pobo grego. Predominio do pensamento mítico e relixioso.

Calino de Éfeso e Tirteo de Atenas en poesía elegíaca.

Predominio da aristocracia e a nobreza terratenente que irán perdendo o seu poder para finais de século en beneficio da cidade, coas súas novas formas de organización política e social.

Século -VI

Crecente influxo e desenvolvemento da filosofía Teognis de Megara, poesía elegíaca. Baquilides de Ceos e Píndaro, poesía lírica.

Reformas de Solón, en Atenas,a partir do -594. Reacción e tiranía de Pisístrato (560-527), seguida das reformas democráticas de Clístenes, xa cara a finais de século (510). Paralelamente Xonia vese sometida á dominación Persa, perdendo influencia en favor de Atenas.

Século -V

É o século de Esquilo, Sófocles e Eurípides, na traxedia.
O de Aristófanes na comedia.
Mirón, Fidias e Polícleto en escultura, e Ictinos e Calícrates en arquitectura.
Desenvolvemento da cerámica ática: perspectiva, sombreado e expresión das emocións.
Heródoto e Tucídides

Entre o 500 e o 479 teñen lugar as guerras médicas, que terminan coa victoria dos gregos sobre os persas e consagran a supremacía de Atenas. Pericles goberna Atenas durante case trinta anos, (desde - 462), afianzando a democracia e a hexemonía política, militar e cultural de Atenas. Prodúcense numerosos cambios na vida política ateniense que atraerán aos sofistas, exercendo unha gran influencia na vida pública. A guerra do Peloponeso desenvólvese entre os anos 431-404.

O século terminará co goberno reaccionario dos Trinta Tiranos, no que participou algún familiar de Platón, e a posterior restauración da democracia.

Século -IV

  • 384 Aristóteles(Liceo)
  • 372 Teofrasto (aristotélico)
  • 377 Hipócrates de Cos
  • 360 Pirrón de Elis (Escepticismo)
  • 341-270 Epicuro de Samos (O Xardín)
  • 341 Zenón de Citio (La Stoa)
  • 330 Euclides de Alexandría
  • 310 Aristarco de Samos

Xenofonte, Scopas, Praxíteles e Lisipo en escultura. Demóstenes, Apeles. Lisipo. Menandro 320 (?). Teócrito. 310 Calímaco

Esparta derrota á Liga Calcídica (382-379). Tebas contra Esparta. Victoria de Epaminondas en Leucra e invasión tebana do Peloponeso. Atenas e Esparta contra Tebas. Filipo de Macedonia estende o seu poder polo norte de Grecia (para o 346), vencendo na batalla de Queronea (338) a unha alianza de exércitos da Grecia central.

A partir do 335 comezan as campañas de Alejandro Magno, impoñendo o poder de Macedonia en Grecia, Asia e África. Morto no 323 dunhas febres, seu Imperiose dividirá, gobernando Seleuco en Asia, Demetrio en Macedonia e Ptolomeo en Exipto.

Século -III

  • 287 Arquímedes de Siracusa
  • 275 Eratóstenes de Cirene
  • 219 Carnéades de Cirene
297 Apolonio de Rodas
290 Fundación da Biblioteca e o Museo de Alejandría
(?) Licofrón de Calcis
255-4 Plauto
234 Catón

Aínda que o apoxeo de Macedonia supuxo o fin da cidade-estado produciuse unha gran difusión da cultura grega no chamado período helenístico.
264 Comezan as guerras púnicas
212 Roma conquista Siracusa

Século -II

  • 185 Panecio de Rodas
  • 135 Posidnio de Aparnea
  • 106 Cicerón
185 Terencio

Roma conquista Macedonia (168) e Grecia (146).
134-121 A Roma dos Gracos.

Século - I

  • Andrónico de Rodas
  • 20 Filón de Alejandría
  • 4 Séneca (orixinario de Córdoba)
100 Cayo Julio César
96 Lucrecio
86 Salustio
84 Catulo
70 Virgilio
65 Horacio
59 Tito Livio
47 Propercio
43 Ovidio
40 Marcial
(?) Vitrubio "De architectura"
63 Conxura de Catilina
60 Triunvirato de Pompeyo, César e Craso.
46 Ditadura de César, trala guerra civil con Pompeyo.
43 (2º triunvirato) Antonio, Lépido e Octavio (Cayo Julio Cesar Octaviano).
30 Conquista de Alexandría e anexión de Exipto.
27 O Imperio. Octavio pasou a chamarse Imperator Caesar Augustus. (Modificación dos papeis e cometidos do Senado, das maxistraturas, do exército e das provincias).

 

| Páxina seguinte |

Cronoloxía. Séculos -VII ao - I 


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0