Reconstrúe a frase orixinal
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 7. participaría de todas as cousas na
- ten agora estando só e por si mesmo.
- 15. De todas as cousas é a máis lixeira
- e a máis pura; posúe todo tipo de
- mesturado ao Nous impediríalle ter
- mesturado con calquera outra cousa,
- 17. coñecemento e a forza máis grande...
- de todo; pero o Nous é infinito, autónomo
- 11. anteriormente. E o que estivese
- 3. e non se mestura con nada; só el
- é si mesmo e por si masmo, pois,
- 5. se non fose por si mesmo e se estivese
- medida na que estivese mesturado
- 9. cunha delas. Xa que logo, en todo,
- 1. As outras cousas teñen unha parte
- hai unha parte de todo, como dixemos
- 13. poder sobre cada cousa, como o
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"As outras cousas teñen unha parte de todo; pero o Nous é infinito, autónomo e non se mestura con nada; só el é si mesmo e por si mesmo, pois, se non fose por si mesmo e se estivese mesturado con calquera outra cousa, participaría de todas as cousas na medida na que estivese mesturado cunha delas. Xa que logo, en todo, hai unha parte de todo, como dixemos anteriormente. E o que estivese mesturado ao Nous impediríalle ter poder sobre cada cousa, como o ten agora estando só e por si mesmo. De todas as cousas é a máis lixeira e a máis pura; posúe todo tipo de coñecemento e a forza máis grande..."