Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede


Pitágoras de Samos


Pitágoras de Samos

(- 572 a - 496)


Test sobre a vida e obra de Pitágoras

Preguntas

Formulario do test

1. Pitágoras naceu en Xonia, na illa de Samos:

  • Cara ao ano 572 a.C.
  • O ano 85 a.C.
  • Cara ao ano 572 de nosa era.

2. Atribúeselle a creación dunha seita filosófico-relixiosa, en Crotona, inspirada:

  • No hinduísmo.
  • No orfismo.
  • No budismo.

3. A filosofía de Pitágoras desenvólvese nunha dobre vertente:

  • Una místico-relixiosa e outra físico-teolóxica.
  • Unha místico-relixiosa e outra matemático-científica.
  • Unha místico-científica e outra matemático-relixiosa.

4. Segundo a teoría da transmigración das almas:

  • As almas son inmortais e reencárnanse pasando duns corpos a outros.
  • As almas transmigran duns mundos a outros, por dimensións aínda descoñecidas.
  • As almas inmortais dos deuses reencárnanse en todo tipo de seres (ata vexetais).

5. O elemento primordial da realidade ou arkhé é para Pitágoras:

  • O inmaterial numericamente cuantificado.
  • O número.
  • A materia prima incognoscíbel.

6. O proceso de purificación ao que se someten as almas, ou catarse:

  • Conduce ao perdón dos pecados cometidos.
  • Culmina co regreso da alma ao seu lugar de orixe.
  • Recompón o equilibrio psicolóxico do individuo ao que pertence.

7. Os pitagóricos concederon gran importancia:

  • Ao estudo da evolución dos animais e plantas.
  • Ao estudo da música, vista a súa relación coas matemáticas.
  • Á aplicación do saber matemático ao desenvolvemento tecnolóxico.

 

| Volver a Pitágoras| | Volver aos Exercicios |

 

Test sobre Pitágoras de Samos


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0