Reconstrúe a frase de Platón
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- alma inmortal, e tendo nado
- 7. aprendido; co que non é de
- 17. el mesmo todas as demais, se é home
- 13. enteira homoxénea, e tendo aprendido
- estrañar que tamén sobre a
- 5. Hades e todas as cousas, non
- hai nada que non teña
- chaman aprendizaxe os homes), descubra
- 11. o que desde logo xa antes sabía.
- 3. moitas veces e tendo visto
- Pois sendo, en efecto, a natureza
- 15. quen lembra unha soa cousa ( e a iso
- sexa capaz ela de lembrar
- tanto o de aquí como o do
- todo a alma, nada impide que
- valoroso e non se cansa de investigar.
- 9. virtude e sobre as demais cousas
- 1. E ocorre así, que sendo a
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"E ocorre así, que sendo a alma inmortal, e tendo nado moitas veces e tendo visto tanto o de aquí como o do Hades e todas as cousas, non hai nada que non teña aprendido; co que non é de estrañar que tamén sobre a virtude e sobre as demais cousas sexa capaz ela de lembrar o que desde logo xa antes sabía. Pois sendo, en efecto, a natureza enteira homoxénea, e tendo aprendido todo a alma, nada impide que quen lembra unha soa cousa ( e a iso chaman aprendizaxe os homes), descubra el mesmo todas as demais, se é home valoroso e non se cansa de investigar."
Platón, "Menón"