Reconstrúe a frase de Platón
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 7. á cidade; pero se adquiren terras propias,
- a quen non estea permitido manexar nin tocar
- abismo, tanto eles como a cidade. Abondan, pois,
- aborrecidos, conspirando e sendo obxecto de
- 9. administradores e labregos, e de amigos de
- casas e diñeiro, converteranse de gardiáns en
- 13. conspiracións, temendo, en fin, moito máis
- 3. o ouro nin a prata, nin entrar baixo o teito
- na precisión dun tal réxime para o aloxamento
- estabelezámolo como digo, ou non?
- 5. nin beber en recipiente fabricado con eles.
- 11. Pasarán a súa vida enteira aborrecendo e sendo
- 15. que aos de fóra; e así correrán dereitos ao
- que cubra estes metais, nin levalos sobre si,
- 1. Serán, pois, eles os únicos cidadáns
- Se así proceden, salvaranse eles e salvarán
- os seus concidadáns en odiosos déspotas.
- 17. todas estas razóns - terminei - para que conveñamos
- e con máis frecuencia aos inimigos de dentro
- 19. e demais necesidades das gardiáns, e o
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Serán, pois, eles os únicos cidadáns a quen non estea permitido manexar nin tocar o ouro nin a prata, nin entrar baixo o teito que cubra estes metais, nin levalos sobre si, nin beber en recipiente fabricado con eles. Se así proceden, salvaranse eles e salvarán á cidade; pero se adquiren terras propias, casas e diñeiro, converteranse de gardiáns en administradores e labregos, e de amigos dos seus concidadáns en odiosos déspotas. Pasarán a súa vida enteira aborrecendo e sendo aborrecidos, conspirando e sendo obxecto de conspiracións, temendo, en fin, moito máis e con máis frecuencia aos inimigos de dentro que aos de fóra; e así correrán dereitos ao abismo, tanto eles como a cidade. Abondan, pois, todas estas razóns - terminei - para que conveñamos na precisión dun tal réxime para o aloxamento e demais necesidades das gardiáns, e estabelezámolo como digo, ou non?"
Platón, "República"