É necesario ter activada a execución de scripts no navegador para realiza-lo exercicio. Se non está activada, ou non desexas activala, podes realiza-lo exercicio con esta versión alternativa, na que tamén atoparás as solucións, e á que podes acceder mediante a ligazón "Versión imprimíbel coas solucións ", situada ao fondo da páxina .
Versión alternativa do exercicio
O exercicio alternativo consiste tamén en completa-lo parágrafo proposto escribindo en cada un dos espazos correspondentes, marcados cunha liña, a palabra axeitada. Esta versión ofréceselles para quen non teñan activada a execución de scripts no seu navegador. Pero tamén, na súa versión imprimíbel, que inclúe as solucións, para quen desexen resolve-lo exercicio sobre papel.
Completa-lo texto de Platón
Das 20 palabras seguintes, presentadas por orde alfabética, só 16corresponden aos espazos que debes reencher. Hai, polo tanto, 4 que non corresponden a ningún dos espazos que debes reencher.
"absoluto, activos, agradábel, alma, aprendido, aprendizaxe, argumento, Hades, home, inmortal, investigar, natureza, pasivos, polémico, lembrar, reminiscencia, todas, verdadeiro, virtude, visto"
“E ocorre así que, sendo a alma (1)___________, e tendo nado moitas veces e tendo (2)__________ tanto o de aquí como o do Hades e (3)__________ as cousas, non hai nada que non teña (4)__________ ; co que non é de estrañar que tamén sobre a (5)___________ e sobre as demais cousas sexa capaz ela de (6)___________ o que desde logo xa antes sabía. Pois sendo, en efecto, a (7)_____________ enteira homoxénea, e tendo aprendido todo o (8)________, nada impide que quen lembra unha soa cousa (e a isto chaman (9)__________ os homes), descubra el mesmo todas as demais, se é home valoroso e non se cansa de (10)___________. Porque o investigar e o aprender, polo tanto, non son en absoluto outra cousa que (11)_____________. De ningún modo, polo tanto, hai que aceptar o (12)__________ polémico ese; porque mentres ese faríanos (13)__________ e é para os homes brandos para quen é (14)___________ de escoitar, estoutro en cambio fainos (15)__________ e amantes da investigación; e é porque confío en que é (16)_____________ polo que desexo investigar contigo que é a virtude."
Platón, "Menón"
Solución
- visto
- todas
- aprendido
- virtude
- lembrar
- natureza
- alma
- aprendizaxe
- investigar
- reminiscencia
- argumento
- pasivos
- agradábel
- activos
- verdadeiro