Reconstrúe a frase de Platón
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 1. En fin, velaí o que a min
- na súa vida privada ou pública.
- 9. xerou a luz e ao soberano desta,
- 3. o último que se percibe,
- me parece: no mundo intelixíbel
- 5. pero, unha vez percibida, hai que colixir
- que ela é a causa de todo o recto
- que, mentres no mundo visíbel
- 13. quen queira proceder sabiamente
- e con traballo, é a idea do ben,
- 7. e o belo que hai en todas as cousas;
- 11. e produtora de verdade e coñecemento,
- e que ten por forza que vela
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"En fin, velaí o que a min me parece: no mundo intelixíbel o último que se percibe, e con traballo, é a idea do ben, pero, unha vez percibida, hai que colixir que ela é a causa de todo o recto e o belo que hai en todas as cousas; que, mentres no mundo visíbel xerou a luz e ao soberano desta, no intelixíbel é ela a soberana e produtora de verdade e coñecemento, e que ten por forza que vela quen queira proceder sabiamente na súa vida privada ou pública."
Platón, "República"