Reconstrúe a frase de Kant
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 15. como segue: obra só segundo unha máxima tal que
- 5. contén, pois como o imperativo, ademais de
- 1. Cando penso en xeral un imperativo hipotético,
- O imperativo categórico é, pois, único, e é
- 3. ata que a condición me é dada. Pero se penso
- a lei, non contén máis que a necesidade de
- 7. a máxima de conformarse con esa lei, e a
- non sei de antemán o que conterá; non o sei
- poidas querer ao mesmo tempo que se torne lei universal.
- 9. que estea limitada, non queda, pois, nada máis
- 11. que ha de conformarse a máxima da acción,
- que a universalidade dunha lei en xeral, á
- 13. representa propiamente como necesario.
- un imperativo categórico, xa sei ao punto o que
- lei, así e todo, non contén ningunha condición a
- e esa conformidade é o único que o imperativo
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Cando penso en xeral un imperativo hipotético, non sei de antemán o que conterá; non o sei ata que a condición me é dada. Pero se penso un imperativo categórico, xa sei ao punto o que contén, pois como o imperativo, ademais da lei, non contén máis que a necesidade da máxima de conformarse con esa lei, e a lei, así e todo, non contén ningunha condición a que estea limitada, non queda, pois, nada máis que a universalidade dunha lei en xeral, á que ha de conformarse a máxima da acción, e esa conformidade é o único que o imperativo representa propiamente como necesario. O imperativo categórico é, pois, único, e é como segue: obra só segundo unha máxima tal que poidas querer ao mesmo tempo que se torne lei universal."
Immanuel Kant, "Fundamentación da metafísica dos costumes"