Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede


Immanuel Kant


Immanuel Kant

Obras


Adóitase dividir a obra de Kant en dous períodos: o precrítico e o crítico. O primeiro deles abarcaría toda a actividade filosófica kantiana ata a "Disertación" de 1770, e o segundo a súa actividade filosófica posterior, no que desenvolve o seu pensamento nunha dirección distinta, cuxas liñas fundamentais expón na "Crítica da razón pura". Algúns estudosos de Kant, non obstante, distinguen dúas fases no período precrítico: a primeira, ata 1755, segundo uns, ou 1760, segundo outros, na que predominaría en Kant o interese pola física e as ciencias en xeral; a segunda, ata 1770, coincidindo coa súa actividade como Privatdozent na Universidade de Königsberg, dominada por preocupacións metafísicas.

Período precrítico

1747 "Pensamentos sobre o verdadeiro valor das forzas vivas"

1755 "De igne" ("Sobre a lume", presentada como tese de doutoramento)

1755 "Historia natural xeral e teoría do ceo"

1755 "Nova dilucidación dos primeiros principios do coñecemento metafísico"

1762 "A falsa sutileza das catro figuras siloxísticas"

1762 "O único fundamento posíbel dunha demostración da existencia de Deus"

1764 "Investigación acerca da distinción dos principios da teoloxía natural e da moral"

1764 "Observacións acerca do sentimento do fermoso e o sublime"

1766 "Soños dun visionario, comentados polos soños da metafísica"

1770 "De mundi sensibilis atque intelligibilis forma et principiis" ("Sobre a forma e principios do mundo sensíbel e intelixíbel") máis coñecida como a Disertación de 1770.


Período crítico


1781 "Crítica da razón pura"

1783 "Prolegómenos a toda metafísica futura"

1785 "Fundamentación da metafísica dos costumes"

1785 "Sobre os volcáns da lúa"

1786 "Primeiros principios metafísicos da ciencia natural"

1787 Segunda edición da "Crítica da razón pura"

1788 "Crítica da razón práctica"

1790 "Crítica da facultade de xulgar"

1791 "Sobre o fracaso de tódolos intentos filosóficos en teoloxía"

1793 "A relixión dentro dos límites da mera razón"

1795 "Para a paz perpetua"

1797 "A metafísica dos costumes"

Opus Postumum

Recolle os escritos non editados por Kant nos que traballaba antes da súa morte e que manifestan unha evolución do seu pensamento cara as posicións que defenderá posteriormente o idealismo alemán.

 

| Páxina anterior | | Páxina seguinte |

 

 Obras de Kant


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0