Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Gardar en Favoritos ou en sitios de internet


Immanuel Kant


Exercicios tipo test

Test sobre a filosofía de Kant (3)

Preguntas

Formulario do test

1. Segundo Kant, todo o noso coñecemento comeza:

  • polo sentido común.
  • polos sentidos.
  • polo sentimento.

2. Cantas ideas transcendentais hai?

  • Todas as que podamos concibir.
  • Ningunha. As que se consideraban tales non son máis que ilusións.
  • Tres: alma, mundo e Deus.

3. É posíbel a metafísica como ciencia, segundo Kant?

  • Si, xa que pode formular xuízos sintéticos a priori.
  • Si. A metafísica é a ciencia ou saber dos primeiros principios do ser.
  • Non. Os conceptos metafísicos son baleiros, polo que non poden ofrecer ningún coñecemento.

4. Que se segue da Estética e a Analítica transcendentais?

  • A existencia sensíbel do absolutamente incondicionado.
  • A distinción de todos os obxectos en fenómenos e nóumenos
  • O descrédito da ciencia, en xeral.

5. Que é o fenómeno?

  • Algo que ocorre de forma extraordinaria, un portento da natureza.
  • O obxecto, independentemente do noso modo de coñecelo.
  • O obxecto tal como é percibido por nós.

6. Que se require para que un concepto teña valor cognoscitivo?

  • Que estea construído segundo as Categorías do entendemento.
  • Que estea construído segundo as Categorías e que se aplique a contidos procedentes da sensibilidade.
  • Que estea construído segundo as Categorías e non remita a contidos procedentes da sensibilidade.

7. Que é o nóumeno?

  • A realidade tal como é coñecida por nós.
  • O obxecto coñecido por intuición intelectual, que é o modo propio de coñecemento do ser humano.
  • A "cousa en si", o obxecto tal como é, independentemente do noso modo de coñecelo.

 


 

| Volver a Kant (exercicios) | | Volver aos Exercicios |

 

Test sobre a filosofía de Kant (3)


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2009 webdianoia.com  xhtml 1.0