Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede


Immanuel Kant


Exercicios tipo test

Test sobre a filosofía de Kant (1)

Preguntas

Formulario do test

1. Mantivo Kant sempre a mesma posición filosófica?

  • Si. Kant non é dos que modifican o seu pensamento.
  • Si, xa que estaba convencido da súa verdade crítica.
  • Non. A filosofía do período crítico supón o abandono das súas anteriores posicións.

2. En que pregunta se resume o chamado "problema crítico"?

  • É posíbel que a ciencia demostre as verdades metafísicas?
  • É posíbel que a metafísica xustifique a ciencia?
  • É posíbel a metafísica como ciencia?

3. Que son os xuízos sintéticos a priori?

  • Son xuízos baseados na experiencia.
  • Son xuízos que aumentan o noso coñecemento da experiencia.
  • Son xuízos que aumentan o noso coñecemento pero que non dependen da experiencia.

4. Segundo Kant ¿cantas fontes de coñecemento hai?

  • A sensación é a única fonte de coñecemento.
  • A única fonte de coñecemento é a razón pura.
  • Hai dúas: a sensibilidade e entendemento.

5. Que son o espazo e o tempo, para Kant?

  • O espazo é o lugar que ocupan as cousas. O tempo é o que mide a súa duración.
  • Son formas puras a priori da sensibilidade.
  • Son dous conceptos fundamentais para comprender a realidade.

6. Que entende Kant por sensibilidade?

  • A capacidade de sentir as sensacións das cousas en si.
  • A capacidade de emocionarse (diante do ceo estrelado, fóra de min, e diante da lei moral, en min).
  • A capacidade de recibir representacións

7. En que consiste a "revolución copernicana" de Kant?

  • En poñer o Sol no centro do universo.
  • En haber demostrado que Copérnico tiña razón.
  • Na afirmación de que os obxectos deben conformarse ao noso coñecemento, e non á inversa, como se pensaba ata entón.

 


 

| Volver a Kant (exercicios) | | Volver aos Exercicios |

 

Test sobre a filosofía de Kant (1)


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0