Reconstrúe a frase de Kant
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 19. acción realizada por deber ten, así e todo, que
- aprobala e, no segundo, a veces incluso amala,
- 7. De igual modo, por unha inclinación en xeral,
- da miña inclinación, senón que a domine, ou polo menos
- o respecto puro a esa lei práctica, e, polo tanto, a
- elección, isto é, a simple lei en si mesma. Unha
- 13. conseguinte mandato, só pode selo aquilo que se
- 11. é dicir, considerala como favorábel a miña
- é un efecto e non unha actividade de unha vontade.
- esta maneira: o deber é a necesidade dunha acción
- excluír por completo o influxo da inclinación,
- 5. inclinación, mais nunca respecto, xustamente porque
- a acción que me propoño realizar, podo, si, ter
- 17. a descarte por completo no cómputo da
- 1. A terceira proposición, consecuencia das dúas anteriores, formularíaa eu de
- 25. máxima de obedecer sempre a esa lei, aínda en
- contra de todas as miñas inclinacións.
- 3. por respecto á lei. Polo obxecto, como efecto de
- propio proveito. Pero obxecto do respecto, e por
- pois, outra cousa que poida determinar a vontade,
- relacione coa miña vontade como simple fundamento
- 9. respecto: como máximo, podo, no primeiro caso,
- sexa miña, sexa de calquera outro, non podo ter
- 23. se non é, obxectivamente, a lei e, subxectivamente,
- 21. e con este todo obxecto da vontade; non queda,
- 15. e nunca como efecto, aquilo que non estea ao servizo
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"A terceira proposición, consecuencia das dúas anteriores, formularíaa eu desta maneira: o deber é a necesidade dunha acción por respecto á lei. Polo obxecto, como efecto da acción que me propoño realizar, podo, si, ter inclinación, mais nunca respecto, xustamente porque é un efecto e non unha actividade de unha vontade. De igual modo, por unha inclinación en xeral, sexa miña, sexa de calquera outro, non podo ter respecto: como máximo, podo, no primeiro caso, aprobala e, no segundo, a veces incluso amala, é dicir, considerala como favorábel ao meu propio proveito. Pero obxecto do respecto, e por conseguinte mandato, só pode selo aquilo que se relacione coa miña vontade como simple fundamento e nunca como efecto, aquilo que non estea ao servizo da miña inclinación, senón que a domine, ou polo menos a descarte por completo no cómputo da elección, isto é, a simple lei en si mesma. Unha acción realizada por deber ten, así e todo, que excluír por completo o influxo da inclinación, e con este todo obxecto da vontade; non queda, pois, outra cousa que poida determinar a vontade, se non é, obxectivamente, a lei e, subxectivamente, o respecto puro a esa lei práctica, e, polo tanto, a máxima de obedecer sempre a esa lei, aínda en contra de todas as miñas inclinacións."
Immanuel Kant, "Fundamentación da metafísica dos costumes"