Reconstrúe a frase de Kant
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 23. (en canto obxecto dos sentidos) o que se rexe pola
- a estabelecer a priori, mediante conceptos, algo sobre
- algo a priori sobre esa natureza. Se, en cambio, é o obxecto
- 9. conformarse ao noso coñecemento, cousa que concorda
- coñecer debe rexerse polos obxectos. Así e todo,
- coñecemento- desembocaban no fracaso. Intentemos,
- Copérnico. Este, vendo que non conseguía explicar os
- de estrelas xiraba arredor do espectador, probou se non
- dos obxectos. Se a intuición tivese que rexerse pola
- 5. ditos obxectos -algo que ampliase noso
- estabelecer algo sobre estes antes de que nos sexan dados.
- 15. movementos celestes se aceptaba que todo o exército
- 21. natureza dos obxectos, non vexo como podería coñecérense
- natureza da nosa facultade de intuición, podo
- 17. obtería mellores resultados facendo xirar ao espectador
- 13. Ocorre aquí como cos primeiros pensamentos de
- 11. priori de ditos obxectos, un coñecemento que pretende
- 19. pode facer o mesmo ensaio, no que atinxe á intuición
- 7. pois, por unha vez, se non adiantaremos máis nas
- 25. representarme facilmente tal posibilidade.
- 1. Supúxose ata agora que todo noso
- tarefas da metafísica supoñendo que os obxectos deben
- 3. todas as tentativas realizadas baixo tal suposto con vistas
- e deixando as estrelas en repouso . Na metafísica se
- xa mellor coa desexada posibilidade dun coñecemento a
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Supúxose ata agora que todo noso coñecer debe rexerse polos obxectos. Así e todo, todas as tentativas realizadas baixo tal suposto con vistas a estabelecer a priori, mediante conceptos, algo sobre ditos obxectos -algo que ampliase o noso coñecemento- desembocaban no fracaso. Intentemos, pois, por unha vez, se non adiantaremos máis nas tarefas da metafísica supoñendo que os obxectos deben conformarse ao noso coñecemento, cousa que concorda xa mellor coa desexada posibilidade dun coñecemento a priori de ditos obxectos, un coñecemento que pretende estabelecer algo sobre estes antes de que nos sexan dados. Ocorre aquí como cos primeiros pensamentos de Copérnico. Este, vendo que non conseguía explicar os movementos celestes se aceptaba que todo o exército de estrelas xiraba arredor do espectador, probou se non obtería mellores resultados facendo xirar ao espectador e deixando as estrelas en repouso. Na metafísica pódese facer o mesmo ensaio, no que atinxe á intuición dos obxectos. Se a intuición tivese que rexerse pola natureza dos obxectos, non vexo como podería coñecérense algo a priori sobre esa natureza. Se, en cambio, é o obxecto (en canto obxecto dos sentidos) o que se rexe pola natureza da nosa facultade de intuición, podo representarme facilmente tal posibilidade."
Immanuel Kant, "Crítica da razón pura"