Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede


Immanuel Kant


Exercicios tipo test

Test sobre a biografía de Kant

Preguntas

Formulario do test

1. Immanuel Kant naceu o 22 de abril de 1724 en:

  • Halle
  • Königsberg
  • Prölkus

2. Kant educouse nun contexto:

  • No que predominaban os ideais laicos da Ilustración.
  • No que predominaban os ideais relixiosos máis ortodoxos.
  • No que predominaba o pietismo, tendencia relixiosa que se desenvolveu en Alemaña como protesta contra a ortodoxia relixiosa.

3. Iniciou os seus estudios universitarios en:

  • Bonn
  • Königsberg
  • Leipzig

4. En 1770 tomou posesión, na Universidade de Königsberg, da cátedra de:

  • Filosofía Natural
  • Lóxica e Metafísica
  • Ética

5. O verdadeiro título da obra coñecida como "Disertación de 1770" é:

  • Sobre os principios da crítica do mundo sensíbel e intelixíbel.
  • Sobre a forma e principios do mundo sensíbel e intelixíbel.
  • Crítica dos principios do mundo sensíbel e intelixíbel.

6. Kant realizou numerosas viaxes ao longo da súa vida.

  • Si, como tantos outros filósofos, xa a partir da antigüidade.
  • Non. Kant xamais saíu da súa cidade natal.
  • Non. Só viaxou ás cidades de Judschen e Osteroden, onde exerceu como profesor privado durante un breve período de tempo.

7. A vida de Kant caracterizouse:

  • Polo luxo e refinamento do que se rodeou ata a súa morte.
  • Pola súa sinxeleza e regularidade.
  • Polo afán de poder político, que o levou a afrontarse con Federico Guillermo II, razón pola que foi censurada unha das súas obras.

8. A filosofía de Kant:

  • Non exerceu unha influencia real na filosofía ata principios do século XX.
  • Foi ignorada polos seus contemporáneos, rexurdindo con forza trala súa morte.
  • Acadou gran difusión e aceptación nos principais círculos culturais de Alemaña antes da súa morte.

 


 

| Volver a Kant (exercicios) | | Volver aos Exercicios |

 

Test sobre a biografía de Kant


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0