Reconstrúe a frase de Immanuel Kant
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 19. (independencia que a razón ten sempre que
- á idea de todas as accións de seres
- a si mesmo como intelixencia (isto é, non por
- 15. ao mundo intelixíbel, non pode o home pensar
- atribuírse) é liberdade. Coa idea da liberdade
- baixo leis naturais (heteronomía), e o segundo,
- 11. como pertencente ao mundo intelixíbel, baixo
- Como ser racional e, xa que logo, pertencente
- concepto de autonomía, e con este o principio
- xa que logo, de todas as súas accións: o primeiro,
- a partir dos cales pode considerarse a si mesmo
- 9. en canto que pertence ao mundo sensíbel,
- 21. atopase, non obstante, inseparabelmente unido o
- 5. intelixíbel; polo tanto, ten dous puntos de vista
- 17. a idea da liberdade, pois a independencia de
- 3. a parte das súas potencias inferiores) e como
- as causas determinantes do mundo sensíbel
- leis que, independentes da natureza, non
- nunca a causalidade da súa propia vontade senón baixo
- pertencente, non ao mundo sensíbel, senón ao
- 1. Por todo iso, un ser racional debe considerarse
- 25. racionais, do mesmo modo que a lei natural
- serve de fundamento a todos os fenómenos.
- 13. son empíricas, senón que se fundan soamente na razón.
- 23. universal da moralidade, que serve de fundamento
- 7. e coñecer leis do uso das súas forzas e,
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Por todo iso, un ser racional debe considerarse a si mesmo como intelixencia (isto é, non pola parte das súas potencias inferiores) e como pertencente, non ao mundo sensíbel, senón ao intelixíbel; polo tanto, ten dous puntos de vista a partir dos cales pode considerarse a si mesmo e coñecer leis do uso das súas forzas e, xa que logo, de todas as súas accións: o primeiro, en canto que pertence ao mundo sensíbel, baixo leis naturais (heteronomía), e o segundo, como pertencente ao mundo intelixíbel, baixo leis que, independentes da natureza, non son empíricas, senón que se fundan soamente na razón. Como ser racional e, xa que logo, pertencente ao mundo intelixíbel, non pode o home pensar nunca a causalidade da súa propia vontade senón baixo a idea da liberdade, pois a independencia das causas determinantes do mundo sensíbel (independencia que a razón ten sempre que atribuírse) é liberdade. Coa idea da liberdade atopase, non obstante, inseparabelmente unido o concepto de autonomía, e con este o principio universal da moralidade, que serve de fundamento á idea de todas as accións de seres racionais, do mesmo modo que a lei natural serve de fundamento a todos os fenómenos."
Immanuel Kant, "Fundamentación da metafísica dos costumes"