É necesario ter activada a execución de scripts no navegador para realiza-lo exercicio. Se non está activada, ou non desexas activala, podes realiza-lo exercicio con esta versión alternativa, na que tamén atoparás as solucións, e á que podes acceder mediante a ligazón "Versión imprimíbel coas solucións ", situada ao fondo da páxina .
Versión alternativa do exercicio
O exercicio alternativo consiste tamén en completa-lo parágrafo proposto escribindo en cada un dos espazos correspondentes, marcados cunha liña, a palabra axeitada. Esta versión ofréceselles para quen non teñan activada a execución de scripts no seu navegador. Pero tamén, na súa versión imprimíbel, que inclúe as solucións, para quen desexen resolve-lo exercicio sobre papel.
Completa-lo texto de Kant
Das 18 palabras seguintes, presentadas por orde alfabética, só 14 corresponden aos espazos que debes reencher. Hai, polo tanto, 4 que non corresponden a ningún dos espazos que debes reencher.
"armamentos, causa, compadece, desastres, dispostos, empéñanse, especulan, escusa, gañadores, gastos, guerra, humanidade, máquina, militar, morran, paz, permanentes, pesadume"
"Os exércitos (1)__________ son unha incesante ameaza de (2)__________ para os demais Estados, posto que están sempre (3)__________ e preparados para combater. Os diferentes Estados (4)__________ en superarse uns a outros en (5)__________ , que aumentan sen parar. E como, finalmente, os (6)__________ ocasionados polo exército permanente chegan a facer a (7)__________ aínda máis intolerábel que unha (8)__________ curta, acaban por ser eles mesmos a (9)__________ de agresións, cuxo fin non é outro que librar ao país da (10)__________ dos gastos militares. Engádase a isto que ter xentes a soldo para que (11)__________ ou maten parece que implica un uso do home como mera (12)__________ en mans doutro -o Estado-; o que non se (13)__________ ben cos dereitos da (14)__________ na nosa propia persoa."
I. Kant, "Para a paz perpetua"
Solución
- permanentes
- guerra
- dispostos
- empéñanse
- armamentos
- gastos
- paz
- guerra
- causa
- pesadume
- morran
- máquina
- compadece
- humanidade