Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede

Encrucillado filosófico 15



A primeira vez que se executa o applet de java o panel do encrucillado pode tardar un pouco en visualizarse correctamente na súa páxina.

Unha vez cargado, observará que se bloquea a páxina. Para desbloquear a páxina, e poder utilizar os controis habituais e as ligazóns, abonda clicar sobre o panel do crucigrama.



Este navegador non ten JAVA ou non está activado.
Descargue de balde o Plug-in de java para poder resolve-lo encrucillado.


Se non desexa activar JAVA pode acceder a unha versión imprimíbel e á súa solución desde as ligazóns correspondentes, a seguir.



Encrucillado filosófico 15

Panel do encrucillado

HORIZONTAIS

  • 1. Parte da filosofía que ten por obxecto a reflexión sobre a conduta "moral" do ser humano. - Tamén din que non fai ao monxe, pero aquí referímonos ao que se adquire por exercicio.
  • 3. Actividade reflexiva e razoada moi propia da filosofía.
  • 5. Unidade indivisíbel e sen extensión, para Leibniz.
  • 7. Aquilo para o que algo se fai.
  • 8. Para os antigos, tendencia do ser humano cara a algo previamente coñecido como bo.
  • 9. Autor de 'Da consolación da filosofía', para moitos, o último dos filósofos romanos e o primeiro da Idade Media.
  • 10. Termo grego que se traduce habitualmente por xustiza.
  • 11. O incondicionado, o que non depende de ningunha outra cousa, o que é por si mesmo.

VERTICAIS

  • 1. Baseado na experiencia.
  • 4. Referido aos seres vivos, o oposto á alma, para os antigos. - Precedido de "o" é o obxecto de reflexión da estética.
  • 7. Todo o que existe, distinto do eu e de Deus.
  • 8. Doxógrafo grego do s. II, autor dunha obra coñecida como Placita aecii.
  • 10. Perda total ou parcial da memoria.
  • 12. En lóxica, o universo de discurso, a suma lóxica do dominio e do condominio dunha relación.

Instrucións

Para seleccionar un recadro, de calquera fila ou columna, abonda utiliza-las teclas arriba / embaixo / dereita / esquerda, ou clicar co rato no recadro correspondente. Clicando co rato no mesmo recadro repetidamente irase alternando a posición horizontal e vertical. Ao mesmo tempo, no panel da esquerda irase amosando a definición correspondente á palabra, xa sexa horizontal (H) ou vertical (V).

As letras deberán introducirse no recadro elixido, que se irá desprazando, a medida que se introduza unha letra, polo resto de recadros correspondentes á palabra.

Clicando en "Verificar" amosaranse os erros. E se queres algunha axuda extra podes clicar en "Amosar 1 letra", tantas veces como queiras.

|Encrucillado anterior| | Encrucillado seguinte|

 

Encrucillado filosófico 15


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0