Reconstrúe a frase orixinal
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 19. ás consecuencias da acción, xa que
- ás veces podemos servirnos de algo bo
- ben, tendo a sensación como norma ou criterio.
- bo cálculo nestas cuestións, atendendo
- 3. como ben primeiro e connatural, e a partir del
- 21. como dun mal, ou de algo malo como dun ben.
- connatural, non eliximos calquera pracer,
- 11. Consideramos que moitas dores son
- cando deles se segue unha molestia maior.
- facemos calquera elección ou rexeitamento, e
- 5. nel concluímos cando xulgamos acerca do
- 17. ha de ser evitada sempre. Hai que obrar con
- 15. pero non todo pracer ha de ser aceptado.
- 1. Por iso dicimos que o pracer é o principio
- preferíbeis aos praceres, se, á longa,
- 13. séguense delas maiores praceres.
- 9. senón que ás veces evitamos moitos praceres
- Todo pracer é por natureza un ben,
- e fin do vivir feliz. Pois recoñecéramo-lo
- 7. E xa que o pracer é o ben primeiro e
- E toda dor é un mal, pero non toda dor
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Por iso dicimos que o pracer é o principio e fin do vivir feliz. Pois recoñecéramo-lo como ben primeiro e connatural, e a partir del facemos calquera elección ou rexeitamento, e nel concluímos cando xulgamos acerca do ben, tendo a sensación como norma ou criterio. E xa que o pracer é o ben primeiro e connatural, non eliximos calquera pracer, senón que ás veces evitamos moitos praceres cando deles se segue unha molestia maior. Consideramos que moitas dores son preferíbeis aos praceres, se, á longa, séguense delas maiores praceres. Todo pracer é por natureza un ben, pero non todo pracer ha de ser aceptado. E toda dor é un mal, pero non toda dor ha de ser evitada sempre. Hai que obrar con bo cálculo nestas cuestións, atendendo ás consecuencias da acción, xa que ás veces podemos servirnos de algo bo como dun mal, ou de algo malo como dun ben."