Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede


Epicuro de Samos


Busto de Epicuro de Samos

Obras

Por José Sánchez-Cerezo de la Fuente

Obras de Epicuro de Samos

1.

Segundo Dióxenes Laercio, un erudito do século III d. C. que escribiu unha obra titulada" Vida dos máis ilustres filósofos gregos" e que resulta fundamental para coñecer a certos autores da antigüidade, Epicuro chegou a escribir 300 obras, formando un conxunto coherente e estruturado (disque había 34 libros dedicados ao estudo da natureza). Desgraciadamente o que chegou ata nós é moi escaso e consiste en varias cartas e fragmentos dispersos. Precisamente á Dióxenes Laercio, que nos transmitiu algunhas desas cartas e que dedicou a Epicuro o último e máis extenso capítulo da obra que mencionamos, debémoslle hoxe a maior parte do que coñecemos da obra de Epicuro.

2.

Tamén é de destacar, á hora de reconstruír o pensamento de Epicuro, o poema de Lucrecio “Sobre a natureza das cousas” e os comentarios do romano Cicerón ou de Filodemo de Gádara, nado en torno ao 105 a. C., e fundador dunha biblioteca na que reuniu numerosos volumes da obra de Epicuro, aínda que tal biblioteca terminou sendo arrasada polo lume.

3.

A aversión que a filosofía de Epicuro suscitou noutras escolas filosóficas ou en doutrinas relixiosas, así como a terxiversación do seu contido, provocou en numerosas ocasións que o epicureísmo fose simplemente ignorado, dificultando así a transmisión das obras do fundador. Por exemplo, cando no ano 155 a. C. os atenienses enviaron a Roma a un grupo de filósofos como embaixada ao senado romano, escolleron a un estoico, a un peripatético do Liceo aristotélico e a un escéptico, pero os epicúreos non estiveron representados. Doutra banda, isto non debeu ofenderlles o máis mínimo, pois os epicúreos rexeitaban a participación política e formaban grupos illados que convivían nun feliz retiro espiritual. Estas circunstancias, sen embargo, foron un factor máis que axudaron a que a transmisión da doutrina epicúrea fose escasa e deformada.

4.

Os textos dos que dispoñemos na actualidade son a “Carta a Idomeneo” (que é ao tempo o testamento de Epicuro, pois escribiuna o mesmo día da súa morte), a “Carta a Meneceo”, a “Carta a Herodoto” así como a “Carta a Pitocles” e as “Máximas capitais” e os “Escritos Vaticanos”, sendo estes dous últimos unha serie de máximas e sentencias breves.

 

| Páxina anterior | | Páxina seguinte |

 

Obras de Epicuro de Samos


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0