Modelos de exame de filosofía das Probas de Acceso á Universidade (PAU - Bacharelato LOGSE e LOE), e criterios de corrección, en Galiza.
Os documentos atópanse en formato .pdf., polo que se require un lector de PDF para poder acceder a eles. É preciso, pois, que teñas instalado algún dos programas lectores de PDF, (o ofrecido por Acrobat Reader ou o de Foxit Reader, por exemplo), e que podes descargar de balde nas seguintes ligazóns: Adobe Acrobat Reader, ou Foxit Reader.
As ligazóns ás probas de xuño e setembro de 2005 e 2006 levarante á páxina da Comisión Interuniversitaria de Galiza.
Atención: o modelo de exame pode sufrir modificacións para o curso 2009-2010. As modificacións, en calquera materia que se produzan, comunícanse a todos os Centros de Secundaria e anúncianse nas web das Universidades. Para coñecer as modificacións introducidas no exame de filosofía podes dirixirte á web da Comisión Interuniversitaria de Galicia, e clicar en "Novidades nos Grupos de Traballo" ou en "Grupos de Traballo".
Se desexas obter modelos de exame das Probas de anos anteriores podes dirixirte á sección de Selectividade da Comisión Interuniversitaria de Galicia , onde poderás acceder ademais a toda a información relacionada coas Probas de Acceso á Universidade, así como á normativa pola que se regulan.
As PAU dependen das Universidades. Diríxete a elas para obter información fidedigna sobre todo o que che interesa saber sobre a Selectividade. É a túa responsabilidade e o teu dereito.