Reconstrúe a frase de Xenófanes de Cólofon
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 7. aos cabalos, os bois semellantes aos bois,
- 15. a outro.Sen esforzo fai vibrar ao Todo, só
- 1. Chatos, negros: así ven os etíopes aos seus deuses.
- De ollos azuis e louros: así ven aos seus deuses os
- 5. debuxar, para pintar, para crear unha obra de arte,
- entón os cabalos pintarían os deuses semellantes
- figura nin en pensamento semellante aos mortais.
- 9. os corpos divinos segundo a súa propia imaxe: cada
- movemento, e non lle convén emigrar dun lado
- 13. Permanece sempre no mesmo lugar, sen
- por medio do seu saber e querer. Todo el é ver,
- 11. supremo, único entre deuses e homes, nin en
- 17. todo pensar e planear e todo el é escoitar.
- 3. tracios. Pero se os bois e os cabalos e leóns
- tivesen mans, mans como as persoas, para
- un segundo a súa. Soamente un deus é o
- e a partir das súas figuras crearían as formas de
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Chatos, negros: así ven os etíopes aos seus deuses. De ollos azuis e louros: así ven aos seus deuses os tracios. Pero se os bois e os cabalos e leóns tivesen mans, mans como as persoas, para debuxar, para pintar, para crear unha obra de arte, entón os cabalos pintarían os deuses semellantes aos cabalos, os bois semellantes aos bois, e a partir das súas figuras crearían as formas dos corpos divinos segundo a súa propia imaxe: cada un segundo a súa. Soamente un deus é o supremo, único entre deuses e homes, nin en figura nin en pensamento semellante aos mortais. Permanece sempre no mesmo lugar, sen movemento, e non lle convén emigrar dun lado a outro. Sen esforzo fai vibrar ao Todo, só por medio do seu saber e querer. Todo el é ver, todo pensar e planear e todo el é escoitar."