Reconstrúe a frase orixinal
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 1. Os elementos predominan alternativamente
- o signo fatal que lles é asignado. Son
- 11. efecto do Odio que os opón, sepáranse
- ata o momento no que a Unidade,
- 13. realizada anteriormente, desapareceu
- por completo. Así na medida na que o
- 15. Un e o Múltiple se constitúen, nesta
- no curso dun ciclo e desaparecen os
- de animais. Tanto, por efecto da Amizade,
- 9. reúnense para non formar máis que un
- 3. uns nos outros ou aumentan, segundo
- medida aparecen e non duran eternamente.
- 17. Pero, na medida na que ese cambio perpetuo
- uns a través dos outros, tomando a
- 5. sempre os mesmos, pero circulan os
- uns a través dos outros, tomando a
- 7. forma de homes e de diferentes especies
- só organismo, tanto, pola contra, por
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Os elementos predominan alternativamente no curso dun ciclo e desaparecen os uns nos outros ou aumentan, segundo o signo fatal que lles é asignado. Son sempre os mesmos, pero circulan os uns a través dos outros, tomando a forma de homes e de diferentes especies de animais. Tanto, por efecto da Amizade, reúnense para non formar máis que un só organismo, tanto, pola contra, por efecto do Odio que os opón, sepáranse ata o momento no que a Unidade, realizada anteriormente, desapareceu por completo. Así na medida na que o Un e o Múltiple se constitúen, nesta medida aparecen e non duran eternamente. Pero, na medida na que ese cambio perpetuo non se detén subsisten sempre nun ciclo inmutábel."
Empédocles de Akragas, fragmento 26