Reconstrúe a frase orixinal
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- De onde se fai a mente con ese prodixioso
- como se di, un papel en branco, limpo de toda
- 5. cúmulo, que a activa e ilimitada imaxinación do
- 11. dela é de onde en última instancia se deriva.
- 19. onde dimanan todas as ideas que temos
- 17. entendemento de todos os materiais do pensar.
- Estas son as dúas fontes do coñecemento de
- fundamento de todo o noso coñecemento, e
- home pintou nela, nunha variedade case
- 7. infinita? De onde saca todo ese material da
- 3. inscrición, sen ningunha idea. Como chega a telas?
- As observacións que facemos acerca dos
- nós mesmos, é o que fornece a noso
- ou que podamos naturalmente ter.
- 13. obxectos sensíbels externos ou acerca das
- operacións internas da nosa mente, que
- 15. percibimos, e sobre as cales reflexionamos
- razón e do coñecemento? A isto contesto con
- 1. Supoñamos, entón, que a mente sexa,
- 9. unha soa palabra: da experiencia; velaí o
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Supoñamos, entón, que a mente sexa, como se di, un papel en branco, limpo de toda inscrición, sen ningunha idea. Como chega a telas? De onde se fai a mente con ese prodixioso cúmulo, que a activa e ilimitada imaxinación do home pintou nela, nunha variedade case infinita? De onde saca todo ese material da razón e do coñecemento? A isto contesto cunha soa palabra: da experiencia; velaí o fundamento de todo o noso coñecemento, e dela é de onde en última instancia se deriva. As observacións que facemos acerca dos obxectos sensíbels externos ou acerca das operacións internas da nosa mente, que percibimos, e sobre as cales reflexionamos nós mesmos, é o que fornece ao noso entendemento de todos os materiais do pensar. Estas son as dúas fontes do coñecemento de onde dimanan todas as ideas que temos ou que podamos naturalmente ter."
John Locke, "Ensaio sobre o entendemento humano"