É necesario ter activada a execución de scripts no navegador para realiza-lo exercicio. Se non está activada, ou non desexas activala, podes realiza-lo exercicio con esta versión alternativa, na que tamén atoparás as solucións, e á que podes acceder mediante a ligazón "Versión imprimíbel coas solucións ", situada ao fondo da páxina .
Versión alternativa do exercicio
O exercicio alternativo consiste tamén en completa-lo parágrafo proposto escribindo en cada un dos espazos correspondentes, marcados cunha liña, a palabra axeitada. Esta versión ofréceselles para quen non teñan activada a execución de scripts no seu navegador. Pero tamén, na súa versión imprimíbel, que inclúe as solucións, para quen desexen resolve-lo exercicio sobre papel.
Completa-lo texto de John Locke
Das 20 palabras seguintes, presentadas por orde alfabética, só 14 corresponden aos espazos que debes reencher. Hai, polo tanto, 6 que non corresponden a ningún dos espazos que debes reencher.
"castigar, conservación, cumprimento, dano, dereito, dereitos, xénero, igualdade, impoñer, inocentes, lei, leis, mundo, natural, observada, poder, superioridade, todos, transgresores, va"
“E para impedir que os homes atropelen os (1)__________ dos demais, que se danen reciprocamente, e para que sexa (2)__________ a lei da Natureza, que busca a paz e a (3)__________ de todo o xénero humano, foi posta en mans de (4)__________ os homes, dentro dese estado, a execución da (5)__________ natural; por iso ten calquera o dereito de castigar aos (6)__________ desa lei cun castigo que impida a súa violación. Sería (7)__________ a lei natural, corno todas as leis que se relacionan cos homes neste mundo, se no estado natural non houbesen ninguén con (8)__________ para facela executar, defendendo dese modo aos (9)__________ e poñendo un obstáculo aos culpábeis, e se un home pode, no estado de Natureza, (10)__________ a outro por calquera (11)__________ que faga, todos os homes terán este mesmo dereito, por ser aquel un estado de (12)__________ perfecta, no que ningún ten superioridade ou xurisdición sobre outro, e todos deben ter (13)__________ a facer o que un calquera pode facer para impoñer o (14)_________ da devandita lei."
John Locke, "Segundo tratado sobre o goberno", (1690)
Solución
- dereitos
- observada
- conservación
- todos
- lei
- transgresores
- va
- poder
- inocentes
- castigar
- dano
- igualdade
- dereito
- cumprimento