Reconstrúe a frase de Hobbes
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- fixeron, sen o cal, os pactos son en van,
- conseguinte, ningunha acción pode ser inxusta.
- 9. cousa, estamos aínda na condición de guerra.
- 1. Daquela lei de natureza pola que estamos
- 17. de inxustiza non é outra que o non cumprimento
- do pacto, e todo aquilo que non é inxusto é xusto.
- entón o dereito de todo home a toda
- entón rompelo é inxusto, e a definición
- 13. home ten dereito a toda cousa e, por
- humanidade, séguese unha terceira, que é esta:
- obrigados a transferir a outro aqueles dereitos
- pacto, non foi transferido dereito, e todo
- 15. Pero cando se fixo un pacto,
- 5. que os homes cumpran os pactos que han
- 3. que se son retidos obstaculizan a paz da
- E nesta lei de natureza atópase a fonte
- 7. e nada senón palabras ocas. E subsistindo
- 11. e orixe da xustiza, pois onde non precedeu
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Daquela lei de natureza pola que estamos obrigados a transferir a outro aqueles dereitos que se son retidos obstaculizan a paz da humanidade, séguese unha terceira, que é esta: que os homes cumpran os pactos que fixeron, sen o cal, os pactos son en van, e nada senón palabras ocas. E subsistindo entón o dereito de todo home a toda cousa, estamos aínda na condición de guerra. E nesta lei de natureza atópase a fonte e orixe da xustiza, pois onde non precedeu pacto, non foi transferido dereito, e todo home ten dereito a toda cousa e, polo tanto, ningunha acción pode ser inxusta. Pero cando se fixo un pacto, entón rompelo é inxusto, e a definición de inxustiza non é outra que o non cumprimento do pacto, e todo aquilo que non é inxusto é xusto."
Thomas Hobbes, "Leviatán"