Reconstrúe a frase orixinal
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- como non soubese con evidencia que o é; é dicir,
- pensei que abondarían os catro seguintes,
- de coñecer, para ir ascendendo aos poucos,
- de desculpa aos vicios, sendo un Estado moito
- de non deixar de observalos unha vez sequera:
- 15. O segundo, dividir cada unha das dificultades,
- O terceiro, conducir ordenadamente os meus pensamentos,
- 19. empezando polos obxectos máis sinxelos e máis fáciles
- espírito, que non houbesen ningunha ocasión de poñelo en dúbida.
- estritamente observadas, así tamén, en lugar do
- 11. evitar coidadosamente a precipitación e a prevención,
- 9. Foi o primeiro, non admitir como verdadeira cousa algunha,
- 21. gradualmente, ata o coñecemento de
- 5. gran número de preceptos que encerra a lóxica,
- os máis compostos, e incluso supoñendo
- 3. mellor rexido cando hai poucas, pero moi
- que examinar, en cantas partes for posíbel
- que chegase a estar seguro de non omitir nada.
- 13. que se presentase tan clara e distintamente ao meu
- 7. suposto que tomase unha firme e constante resolución
- 25. tan integrais e unhas revisións tan xerais,
- 23. unha orde entre os que non se preceden naturalmente.
- 1. E como a multitude de leis serve moi a miúdo
- E o último, facer en todo uns recontos
- 17. e en cantas requirise a súa mellor solución.
- e non comprender nos meus xuízos nada máis que o
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"E como a multitude de leis serve moi a miúdo de desculpa aos vicios, sendo un Estado moito mellor rexido cando hai poucas, pero moi estritamente observadas, así tamén, en lugar do gran número de preceptos que encerra a lóxica, pensei que abondarían os catro seguintes, suposto que tomase unha firme e constante resolución de non deixar de observalos unha vez sequera:
Foi o primeiro, non admitir como verdadeira cousa algunha, como non soubese con evidencia que o é; é dicir, evitar coidadosamente a precipitación e a prevención, e non comprender nos meus xuízos nada máis que o que se presentase tan clara e distintamente ao meu espírito, que non houbesen ningunha ocasión de poñelo en dúbida.
O segundo, dividir cada unha das dificultades, que examinar, en cantas partes for posíbel e en cantas requirise a súa mellor solución.
O terceiro, conducir ordenadamente os meus pensamentos, empezando polos obxectos máis sinxelos e máis fáciles de coñecer, para ir ascendendo aos poucos, gradualmente, ata o coñecemento dos máis compostos, e incluso supoñendo unha orde entre os que non se preceden naturalmente.
E o último, facer en todo uns recontos tan integrais e unhas revisións tan xerais, que chegase a estar seguro de non omitir nada."
René Descartes, "Discurso do método"