É necesario ter activada a execución de scripts no navegador para realiza-lo exercicio. Se non está activada, ou non desexas activala, podes realiza-lo exercicio con esta versión alternativa, na que tamén atoparás as solucións, e á que podes acceder mediante a ligazón "Versión imprimíbel coas solucións ", situada ao fondo da páxina .
Versión alternativa do exercicio
O exercicio alternativo consiste tamén en completa-lo parágrafo proposto escribindo en cada un dos espazos correspondentes, marcados cunha liña, a palabra axeitada. Esta versión ofréceselles para quen non teñan activada a execución de scripts no seu navegador. Pero tamén, na súa versión imprimíbel, que inclúe as solucións, para quen desexen resolve-lo exercicio sobre papel.
Completa-lo texto de
Das 16 palabras seguintes, presentadas por orde alfabética, só 12 corresponden aos espazos que debes reencher. Hai, polo tanto, 4 que non corresponden a ningún dos espazos que debes reencher.
"ángulos, comprendida, consecuencia, demostración, equidisten, esencia, examinando, existe,
existencia, forma, matemática, pero, rectos, supoñendo, substancia, triángulo"
“Estimaba correcto que, (1)__________ un triángulo, entón era preciso que os seus tres
(2)__________fosen iguais a dous rectos; (3)__________ tal razoamento non me aseguraba que
existise (4)__________ algún no mundo. Pola contra, (5)__________ de novo a idea que tiña dun
Ser Perfecto, atopaba que a (6)__________ estaba comprendida na mesma de igual forma que na
do triángulo está (7)__________ a de que os seus tres ángulos sexan iguais a dous (8)__________
ou na dunha esfera que todas as súas (9)__________ do centro e incluso con maior
evidencia. E, en (10)__________ , é polo menos tan certo que Deus, o Ser Perfecto, é ou
(11)__________ como o poida ser calquera (12)__________ da xeometría.”
Descartes, "Meditacións metafísicas"
Solución
- supoñendo
- ángulos
- pero
- triángulo
- examinando
- existencia
- comprendida
- rectos
- equidisten
- consecuencia
- existe
- demostración