Reconstrúe a frase de Tomé de Aquino
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- a si mesma, e isto é imposíbel. Agora ben,
- causa eficiente intermedia, cousa falsa a todas
- 5. causa, pois en tal caso tería que ser anterior
- causas eficientes, non habería causa eficiente
- é causa da intermedia, sexa unha ou moitas,
- existiría a intermedia nin a última. Se, pois,
- Achamos que neste mundo do sensíbel
- 3. hai unha orde determinada entre as causas eficientes;
- 1. A segunda vía baséase na causalidade eficiente.
- 19. luces. Polo tanto, é necesario que exista
- pero non achamos que cousa algunha sexa a súa propia
- 17. primeira, e, polo tanto, nin efecto último nin
- 9. que hai causas eficientes subordinadas, a primeira
- 15. se prolongase indefinidamente a serie de
- serie das causas eficientes, porque sempre
- 13. se non existise unha que sexa a primeira, tampouco
- suprimida unha causa, suprímese o seu efecto,
- 7. tampouco se pode prolongar indefinidamente a
- unha causa eficiente primeira, á que todos chaman Deus.
- 11. e esta é causa da última; e posto que,
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"A segunda vía baséase na causalidade eficiente. Achamos que neste mundo do sensíbel hai unha orde determinada entre as causas eficientes; pero non achamos que cousa algunha sexa a súa propia causa, pois en tal caso tería que ser anterior a si mesma, e isto é imposíbel. Agora ben, tampouco se pode prolongar indefinidamente a serie das causas eficientes, porque sempre que hai causas eficientes subordinadas, a primeira é causa da intermedia, sexa unha ou moitas, e esta é causa da última; e posto que, suprimida unha causa, suprímese o seu efecto, se non existise unha que sexa a primeira, tampouco existiría a intermedia nin a última. Se, pois, se prolongase indefinidamente a serie de causas eficientes, non habería causa eficiente primeira, e, polo tanto, nin efecto último nin causa eficiente intermedia, cousa falsa a todas luces. Polo tanto, é necesario que exista unha causa eficiente primeira, á que todos chaman Deus."
San Tomé de Aquino, Suma Teolóxica, (C. 76, a. 1)