Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede

Encrucillado filosófico 3



A primeira vez que se executa o applet de java o panel do encrucillado pode tardar un pouco en visualizarse correctamente na súa páxina.

Unha vez cargado, observará que se bloquea a páxina. Para desbloquear a páxina, e poder utilizar os controis habituais e as ligazóns, abonda clicar sobre o panel do crucigrama.



Este navegador non ten JAVA ou non está activado.
Descargue de balde o Plug-in de java para poder resolve-lo encrucillado.


Se non desexa activar JAVA pode acceder a unha versión imprimíbel e á súa solución desde as ligazóns correspondentes, a seguir.



Encrucillado filosófico 3

Panel do encrucillado

HORIZONTAIS

  • 1. Capacidade que ten a alma de facer algo, para os antigos.
  • 3. Adecuación ou correspondencia da proposición con aquilo ao que se refire.
  • 6. Pertencente ou relativo aos soños.
  • 8. Argumento con forma de siloxismo no que se presenta unha disxunción na que se afirman os seus dous membros.
  • 9. Termo de orixe grega que significa purificación, purga, eliminación do daniño.
  • 11. Dun modo xeral, o conxunto do que existe, en oposición ao que consideramos ficticio, ilusorio, aparente.
  • 13. Termo grego cuxa raíz vén a significar "saber" ou "coñecemento" e que adóitase traducir por "ciencia".

VERTICAIS

  • 1. Método de coñecemento que permite obter un enunciado xeral a partir de enunciados particulares.
  • 3. Anaximandro úsao para referirse ao "arkhé" e adoita traducirse por "ilimitado", "infinito"
  • 5. Capacidade de obrar sen impedimentos, de autodeterminarse.
  • 7. Proceso de ser baixo o que se inclúen todos os tipos de cambio, movemento, alteración... ou "indeterminado".
  • 9. Doutrina da xustificación de Deus polo que fai ao mal no mundo perante do tribunal da razón humana, para Leibniz.
  • 11. Causa que actúa como axente produtor.
  • 13. Forma de argumentación falsa, pero que ten a aparencia de verdadeira, ou pasa por verdadeira.

Instrucións

Para seleccionar un recadro, de calquera fila ou columna, abonda utiliza-las teclas arriba / embaixo / dereita / esquerda, ou clicar co rato no recadro correspondente. Clicando co rato no mesmo recadro repetidamente irase alternando a posición horizontal e vertical. Ao mesmo tempo, no panel da esquerda irase amosando a definición correspondente á palabra, xa sexa horizontal (H) ou vertical (V).

As letras deberán introducirse no recadro elixido, que se irá desprazando, a medida que se introduza unha letra, polo resto de recadros correspondentes á palabra.

Clicando en "Verificar" amosaranse os erros. E se queres algunha axuda extra podes clicar en "Amosar 1 letra", tantas veces como queiras.

|Encrucillado anterior| | Encrucillado seguinte|

 

Encrucillado filosófico 3


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0