Banner de la cabecera
ComezoA Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Favoritos e compartir na rede

Encrucillado filosófico 19



A primeira vez que se executa o applet de java o panel do encrucillado pode tardar un pouco en visualizarse correctamente na súa páxina.

Unha vez cargado, observará que se bloquea a páxina. Para desbloquear a páxina, e poder utilizar os controis habituais e as ligazóns, abonda clicar sobre o panel do crucigrama.



Este navegador non ten JAVA ou non está activado.
Descargue de balde o Plug-in de java para poder resolve-lo encrucillado.


Se non desexa activar JAVA pode acceder a unha versión imprimíbel e á súa solución desde as ligazóns correspondentes, a seguir.



Encrucillado filosófico 19

Panel do encrucillado

HORIZONTAIS

  • 1. Unha das formas de transcribir o termo grego utilizado polos primeiros filósofos para referirse ao elemento primordial.
  • 2. Que non ten relación con ningún contido empírico.
  • 3. Coherencia, rigor, disposición, distribución axeitada...
  • 4. En lóxica, o universo de discurso, a suma lóxica do dominio e do condominio dunha relación.
  • 6. Termo latino co que nos referimos abreviadamente ao "penso, existo" de Descartes.
  • 7. Termo grego que se adoita traducir por "opinión", ou coñecemento sensíbel.
  • 8. Praza pública, nas antigas cidades romanas, onde se celebraban reunións, tratábanse os asuntos públicos e celebrábanse xuízos.
  • 9. Acción capaz de producir un efecto.
  • 10. Precedido de "o" é o obxecto de reflexión da estética.
  • 11. En xeral o incondicionado o que non depende de ningunha outra cousa, o que é por si mesmo.
  • 13. Adecuación ou correspondencia da proposición con aquilo ao que se refire.

VERTICAIS

  • 1. Doutrina da xustificación de Deus respecto ao mal no mundo diante do tribunal da razón humana, para Leibniz.
  • 4. Termo grego que, no discurso mítico-relixioso, veu significar o oposto a orde.
  • 5. O resultado da acción dunha causa.
  • 7. Forza cósmica oposta ao amor e que é a causa da separación, da desagregación dos elementos. - Elemento sutil, incorruptíbel e inalterábel, co que estarían formados o ceo e os astros, segundo a cosmoloxía aristotélica.
  • 9. Actividade emprendida por un suxeito cara á obtención dun fin.
  • 11. "O que é", independentemente da clasificación que adoptemos ou do tipo de ser que consideremos.
  • 12. Figura retórica que consiste en utilizar as palabras cun significado distinto ao que propiamente lles corresponde.
  • 13. Modos de argumentación que poñen de manifesto a imposibilidade do coñecemento.

Instrucións

Para seleccionar un recadro, de calquera fila ou columna, abonda utiliza-las teclas arriba / embaixo / dereita / esquerda, ou clicar co rato no recadro correspondente. Clicando co rato no mesmo recadro repetidamente irase alternando a posición horizontal e vertical. Ao mesmo tempo, no panel da esquerda irase amosando a definición correspondente á palabra, xa sexa horizontal (H) ou vertical (V).

As letras deberán introducirse no recadro elixido, que se irá desprazando, a medida que se introduza unha letra, polo resto de recadros correspondentes á palabra.

Clicando en "Verificar" amosaranse os erros. E se queres algunha axuda extra podes clicar en "Amosar 1 letra", tantas veces como queiras.

|Encrucillado anterior| | Encrucillado seguinte|

 

Encrucillado filosófico 19


Historia da filosofía

Acceso por Seccións

Outras seccións

Características do sitio

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2009 webdianoia.com  xhtml 1.0