Banner de la cabecera
ComezoA Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Favoritos e compartir na rede

Encrucillado filosófico 17



A primeira vez que se executa o applet de java o panel do encrucillado pode tardar un pouco en visualizarse correctamente na súa páxina.

Unha vez cargado, observará que se bloquea a páxina. Para desbloquear a páxina, e poder utilizar os controis habituais e as ligazóns, abonda clicar sobre o panel do crucigrama.



Este navegador non ten JAVA ou non está activado.
Descargue de balde o Plug-in de java para poder resolve-lo encrucillado.


Se non desexa activar JAVA pode acceder a unha versión imprimíbel e á súa solución desde as ligazóns correspondentes, a seguir.



Encrucillado filosófico 17

Panel do encrucillado

HORIZONTAIS

  • 1. Relación de necesidade que se estabelece entre a causa e o efecto.
  • 3. O que unha substancia é agora por oposición ao que pode ser no futuro.
  • 4. Unha das formas de transcribir o termo grego utilizado polos primeiros filósofos para referirse ao elemento primordial.
  • 5. Na República Platón identifícao co Ser, dándolle un valor ontolóxico.
  • 6. Discusión organizada mediante preguntas e respostas, para Platón.
  • 9. Paixón que causa enfado, anoxo e indignación.
  • 10. Insensibilidade ou ausencia de emocións, sentimentos e paixóns, conseguida mediante o exercicio da virtude.
  • 11. Tradicionalmente foi considerada principio vital.
  • 13. Forma de contrastación segundo a cal o coñecemento (hipóteses, teoría) ten un carácter científico cando pode ser refutado polos feitos da experiencia.

VERTICAIS

  • 1. Parte da filosofía que ten por obxecto a reflexión sobre a conduta "moral" do ser humano.
  • 3. Actividade observábel desenvolvida por un organismo vivente.
  • 4. Termo co que nos referimos á non-existencia de algo.
  • 5. Acción capaz de producir un efecto.
  • 6. O amor, pero grego...
  • 7. Referido aos seres vivos, o oposto á alma, para os antigos.
  • 9. Calidade que apreciamos nun obxecto moral, por exemplo.
  • 10. En lóxica, o universo de discurso, a suma lóxica do dominio e do condominio dunha relación.
  • 11. En xeral, aplícase á decisión de suspender o xuízo.
  • 13. No sentido máis amplo, dominio dunha habilidade ou técnica profesional, ou a actividade profesional mesma. - Mestre de Platón.

Instrucións

Para seleccionar un recadro, de calquera fila ou columna, abonda utiliza-las teclas arriba / embaixo / dereita / esquerda, ou clicar co rato no recadro correspondente. Clicando co rato no mesmo recadro repetidamente irase alternando a posición horizontal e vertical. Ao mesmo tempo, no panel da esquerda irase amosando a definición correspondente á palabra, xa sexa horizontal (H) ou vertical (V).

As letras deberán introducirse no recadro elixido, que se irá desprazando, a medida que se introduza unha letra, polo resto de recadros correspondentes á palabra.

Clicando en "Verificar" amosaranse os erros. E se queres algunha axuda extra podes clicar en "Amosar 1 letra", tantas veces como queiras.

|Encrucillado anterior| | Encrucillado seguinte|

 

Encrucillado filosófico 17


Historia da filosofía

Acceso por Seccións

Outras seccións

Características do sitio

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2009 webdianoia.com  xhtml 1.0