Reconstrúe a frase de Sartre
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
Primera parte:
- 13. que distinguir coidadosamente ambas preguntas.
- 15. en efecto, son posteriores ao ser, e supóñeno.
- é á ontoloxía o que á socioloxía a historia.
- individuais que deron nacemento a este mundo como
- A primeira carece de sentido: todos os "porqués",
- 9. a prioridade do ser sobre a nada; tal pregunta non podería,
- 1. Chamamos metafísico, en efecto, o estudo dos procesos
- moi diversa: por que hai ser? Pero sabemos agora que
- nada sobre o ser, cando, ao contrario, demostramos
- 7. para-si, e que inclusive supón a prioridade ontolóxica de la
- suscitarse senón a consecuencia dunha contaminación con
- que a pregunta só tería sentido nos límites dun
- 3. totalidade concreta e singular. Neste sentido, a metafísica
- 11. unha pregunta exteriormente análoga e, con todo,
- 5. Víramos xa que sería absurdo preguntarse por que o ser é outro;
Segunda parte:
- 3. do ser preséntanos a súa continxencia orixinaria. Á segunda
- do ser ou sobre a orixe do mundo carecen de sentido ou
- 13. dereito de suscitarse o seu propio porqué, posto que el mesmo
- 1. O ser é,
- 11. en efecto, é tal que ten o dereito de reverterse sobre a súa
- é tal que haxa ser. O carácter de fenómeno vén ao ser
- é unha interrogación, un porqué. A esta pregunta, a ontoloxía
- respondemos xa, pois non se suscita no terreo
- 17. a ontoloxía pode facer notar que a nada que é sida
- 5. metafísico senón no ontolóxico: "hai" ser porque o para-si
- non ocorre o mesmo coa orixe do para-si. O para-si,
- 15. non podería responder, pois tratase de explicar un acaecemento
- polo en-si non é un simple baleiro desproveito de significación.
- 7. por medio do para-si. Pero, se as preguntas sobre a orixe
- propia orixe. O ser polo cal o porqué chega ao ser ten
- 9. reciben unha resposta no propio sector da ontoloxía,
- sen razón, sen causa e sen necesidade; a definición mesma
- e non de describir as estruturas dun ser. Cando moito,
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Chamamos metafísico, en efecto, o estudo dos procesos individuais que deron nacemento a este mundo como totalidade concreta e singular. Neste sentido, a metafísica é á ontoloxía o que á socioloxía a historia. Víramos xa que sería absurdo preguntarse por que o ser é outro; que a pregunta só tería sentido nos límites dun para-si, e que inclusive supón a prioridade ontolóxica da nada sobre o ser, cando, ao contrario, demostramos a prioridade do ser sobre a nada; tal pregunta non podería, suscitarse senón a consecuencia dunha contaminación cunha pregunta exteriormente análoga e, con todo, moi diversa: por que hai ser? Pero sabemos agora que hai que distinguir coidadosamente ambas preguntas. A primeira carece de sentido: todos os "porqués", en efecto, son posteriores ao ser, e supóñeno. O ser é, sen razón, sen causa e sen necesidade; a definición mesma do ser preséntanos a súa continxencia orixinaria. Á segunda respondemos xa, pois non se suscita no terreo metafísico senón no ontolóxico: "hai" ser porque o para-si é tal que haxa ser. O carácter de fenómeno vén ao ser por medio do para-si. Pero, se as preguntas sobre a orixe do ser ou sobre a orixe do mundo carecen de sentido ou reciben unha resposta no propio sector da ontoloxía, non ocorre o mesmo coa orixe do para-si. O para-si, en efecto, é tal que ten o dereito de reverterse sobre a súa propia orixe. O ser polo cal o porqué chega ao ser ten dereito de suscitarse o seu propio porqué, posto que el mesmo é unha interrogación, un porqué. A esta pregunta, a ontoloxía non podería responder, pois tratase de explicar un acaecemento e non de describir as estruturas dun ser. Cando moito, a ontoloxía pode facer notar que a nada que é sida polo en-si non é un simple baleiro desproveito de significación."
Jean Paul Sartre, "O ser e a nada"