Reconstrúe a frase de Sartre
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- a ser libre. Condenado, porque non se ha
- 17. ao mundo é responsábel de todo o que fai.
- 9. Así, non temos nin detrás nin diante de
- 15. creado a si mesmo, e, con todo, por
- 5. determinismo, o home é libre, o home
- 13. dicindo que o home está condenado
- é liberdade. Se, por outra banda, Deus non existe,
- esencia, non se poderá xamais explicar por
- 7. non atopamos fronte a nós valores
- nós, no dominio luminoso dos
- outro lado, libre, porque unha vez arroxado
- 3. referencia a unha natureza humana dada
- 1. Se, en efecto, a existencia precede á
- sos, sen escusas. É o que expresarei
- ou ordes que lexitimen a nosa conduta.
- 11. valores, xustificacións ou escusas. Estamos
- e fixa; dito doutro xeito, non hai
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Se, en efecto, a existencia precede á esencia, non se poderá xamais explicar por referencia a unha natureza humana dada e fixa; dito doutro xeito, non hai determinismo, o home é libre, o home é liberdade. Se, por outra banda, Deus non existe, non atopamos fronte a nós valores ou ordes que lexitimen a nosa conduta. Así, non temos nin detrás nin diante de nós, no dominio luminoso dos valores, xustificacións ou escusas. Estamos sos, sen escusas. É o que expresarei dicindo que o home está condenado a ser libre. Condenado, porque non se creou a si mesmo, e, con todo, doutra banda, libre, porque unha vez arroxado ao mundo é responsábel de todo o que fai."
Jean Paul Sartre, "O Existencialismo é un Humanismo"