É necesario ter activada a execución de scripts no navegador para realiza-lo exercicio. Se non está activada, ou non desexas activala, podes realiza-lo exercicio con esta versión alternativa, na que tamén atoparás as solucións, e á que podes acceder mediante a ligazón "Versión imprimíbel coas solucións ", situada ao fondo da páxina .
Versión alternativa do exercicio
O exercicio alternativo consiste tamén en completa-lo parágrafo proposto escribindo en cada un dos espazos correspondentes, marcados cunha liña, a palabra axeitada. Esta versión ofréceselles para quen non teñan activada a execución de scripts no seu navegador. Pero tamén, na súa versión imprimíbel, que inclúe as solucións, para quen desexen resolve-lo exercicio sobre papel.
Completa-lo texto de
Das 20 palabras seguintes, presentadas por orde alfabética, só 16 corresponden aos espazos que debes reencher. Hai, polo tanto, 4 que non corresponden a ningún dos espazos que debes reencher.
"abstrusa, pescudo, cada, cousas, diga, esencia, filosofía, inorgánicas, mesmo, morte, orgánico, palabra, radical, referido, sentido, sentimento, virtude, vividas, vivido, vivimos"
"O primeiro, pois, que ha de facer a (1)__________ é definir ese dato, definir o que é "a miña vida", "a nosa vida", a de (2)__________ cal. Vivir é o modo de ser (3)__________ : toda outra cousa e modo de ser atópoo na miña vida, dentro dela, como detalle dela e (4)__________ a ela. Nela todo o demais é e será o que sexa para ela, o que sexa como (5)__________ . A ecuación máis (6)__________ da matemática, o concepto máis solemne e abstracto da filosofa, o Universo mesmo, Deus (7)__________ , son cousas que atopo na miña vida, son (8)__________ que vivo. E o seu ser radical e primario é, xa que logo, ese ser (9)__________ por min, e non podo definir o que son en canto vividas se non (10)__________ que é "vivir". Os biólogos usan a (11)__________ "vida" para designar os fenómenos dos seres orgánicos. O (12)__________ é tan só unha clase de cousas que se atopan na vida xunto a outra clase de cousas chamadas (13)__________ . É importante o que o filósofo nos (14)__________ sobre os organismos, pero é tamén evidente que ao dicir nós que (15)__________ e falar da "nosa vida", da de cada cal, damos a esta palabra un (16)__________ máis inmediato, máis amplo, máis decisivo."
José Ortega y Gasset
Solución
- filosofía
- cada
- radical
- referido
- vivido
- abstrusa
- mesmo
- cousas
- vividas
- pescudo
- palabra
- orgánico
- inorgánicas
- diga
- vivimos
- sentido