Reconstrúe a frase de Nietzsche
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- [simpatía malévola]) é unha propiedade normal do
- 1. Repugna, paréceme, á delicadeza e máis aínda
- 11. humanidade estabelece por principio que
- o imaxinarse que, doutra banda, a súa imperiosa
- 17. podería seica percibir, aínda agora, bastantes
- que atravesan a historia enteira da cultura superior
- 19. do home; en Alén do ben e do mal, págs. 117
- 21. Aurora, págs. 17, 68, 102 (aforismos 18, 77 e 113),
- o representarse con toda enerxía que a crueldade
- eu apuntei, con dedo cauteloso, cara á espiritualización
- 25. (e tomadas nun importante sentido ata a constitúen).
- cousas desa antiquísima e fondísima alegría festiva
- da humanidade máis antiga, e ata se acha engadida
- 7. como ingrediente a case todas as súas alegrías;
- 9. necesidade de crueldade se presenta como algo
- á tartufería dos mansos animais domésticos (quero
- 23. e "divinización" sempre crecentes da crueldade,
- di si de todo corazón! Un ollo máis penetrante
- e ss. (aforismo 197 e ss.), e xa antes en
- 13. para dicilo con Spinoza, a sympathia malevolens
- 15. home-: ¡e, xa que logo, algo ao que a conciencia
- 3. dicir, dos homes modernos, quero dicir, de nós)
- moi inxenuo, moi inocente, e que aquela
- 5. constitúe no sumo grao a gran alegría festiva
- precisamente a "maldade desinteresada" (ou,
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Repugna, paréceme, á delicadeza e máis aínda á tartufería dos mansos animais domésticos (quero dicir, dos homes modernos, quero dicir, de nós) o representarse con toda enerxía que a crueldade constitúe no sumo grao a gran alegría festiva da humanidade máis antiga, e ata se acha engadida como ingrediente a case todas as súas alegrías; o imaxinarse que, doutra banda, a súa imperiosa necesidade de crueldade se presenta como algo moi inxenuo, moi inocente, e que aquela humanidade estabelece por principio que precisamente a "maldade desinteresada" (ou, para dicilo con Spinoza, a sympathia malevolens [simpatía malévola]) é unha propiedade normal do home-: ¡e, xa que logo, algo ao que a conciencia di si de todo corazón! Un ollo máis penetrante podería seica percibir, aínda agora, bastantes cousas desa antiguísima e fondísima alegría festiva do home; en Alén do ben e do mal, págs. 117 e ss. (aforismo 197 e ss.), e xa antes en Aurora, págs. 17, 68, 102 (aforismos 18, 77 e 113), eu apuntei, con dedo cauteloso, cara á espiritualización e "divinización" sempre crecentes da crueldade, que atravesan a historia enteira da cultura superior (e tomadas nun importante sentido ata a constitúen)."
F. W. Nitezsche, "A xenealoxía da moral"