Reconstrúe a frase de Nietzsche
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 13. atención ao compromiso que a sociedade estabelece
- 3. contas, unha suma de relacións humanas que han
- de acordo cun estilo vinculante para todos.
- 17. de acordo cunha convención firme, mentir coma cordeiros,
- de metáforas, metonimias, antropomorfismos, en resumidas
- dito en termos morais, ao compromiso de mentir
- 1. Que é entón a verdade? Unha hoste en movemento
- o son; metáforas estragadas e sen forza
- 11. Non sabemos aínda de onde procede o impulso cara a
- para poder existir: ser veraz, é dicir, utilizar as metáforas
- pobo considéraas firmes, canónicas e vinculantes; as
- 5. retoricamente e que, despois dun prolongado uso, un
- 9. sensíbel, moedas que perderon o cuño e non
- sido realzadas, extrapoladas e enfeitadas poética e
- son agora xa consideradas como moedas senón como metal.
- 15. usuais; polo tanto, soamente prestáramos atención,
- verdade, pois ata agora soamente prestáramos
- 7. verdades son ilusións das que se esqueceu que
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Que é entón a verdade? Unha hoste en movemento de metáforas, metonimias, antropomorfismos, en resumidas contas, unha suma de relacións humanas que foron realzadas, extrapoladas e enfeitadas poética e retoricamente e que, despois dun prolongado uso, un pobo considéraas firmes, canónicas e vinculantes; as verdades son ilusións das que se esqueceu que o son; metáforas estragadas e sen forza sensíbel, moedas que perderon o cuño e non son agora xa consideradas como moedas senón como metal. Non sabemos aínda de onde procede o impulso cara a verdade, pois ata agora soamente prestáramos atención ao compromiso que a sociedade estabelece para poder existir: ser veraz, é dicir, utilizar as metáforas usuais; polo tanto, soamente prestáramos atención, dito en termos morais, ao compromiso de mentir de acordo cunha convención firme, mentir coma cordeiros, de acordo cun estilo vinculante para todos."
F.W. Nietzsche, "A verdade en sentido extramoral"