Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede


Karl Heinrich Marx


Exercicios tipo test

Test 2 sobre a obra de Marx

Preguntas

Formulario do test

1. A forza de traballo é:

  • A forza para mover pesos no traballo.
  • A capacidade de traballo dun axente produtivo.
  • A forza sindical dos traballadores.

2. Para Marx, as relacións de produción son:

  • Anteriores ás determinacións da natureza.
  • Independentes da vontade dos seres humanos.
  • O mesmo que as forzas de produción.

3. Os útiles, ferramentas, máquinas, etc., son:

  • Forzas produtivas.
  • Relacións de produción.
  • Modos de producción.

4. O conxunto de normas, leis e institucións:

  • Forman parte da estrutura xurídico-política.
  • Determinan as relacións de produción
  • Forman parte da superestrutura xurídico-política.

5. As relacións sociais de produción :

  • Están determinadas pola superestrutura xurídico-política.
  • Poden ser de colaboración ou de dominación.
  • Son sempre relacións de explotación.

6. A estrutura económica da sociedade:

  • Está determinada pola superestrutura ideolóxica.
  • É o resultado do libre mercado.
  • Condiciona o proceso social, político e espiritual da vida.

7. As forzas produtivas poden entrar en contradición:

  • Cos medios de produción.
  • Coas relacións de produción.
  • Cos ideais políticos do proletariado.

 

| Volver a Marx (exercicios) | | Volver aos Exercicios |

 

Test 2 sobre a obra de Marx


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0