Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede


Karl Heinrich Marx


Exercicios tipo test

Test 1 sobre a obra de Marx

Preguntas

Formulario do test

1. O pensamento de Marx desenvólvese a partir de:

  • A filosofía de Hume, o materialismo e a teoría da alienación.
  • A filosofía hegeliana, o socialismo francés e a economía política inglesa.
  • O idealismo francés, o socialismo inglés e a economía política alemá.

2. O obxectivo da filosofía de Marx é:

  • Reconsiderar os estudos históricos a partir do materialismo.
  • Fundamentar filosoficamente a economía política.
  • Transformar a sociedade.

3. O materialismo dialéctico considera:

  • Que non existe máis realidade fundamental que a materia.
  • Que non existe máis realidade fundamental que a economía.
  • Que a realidade fundamental é a materia inerte.

4. Segundo o materialismo dialéctico:

  • O movemento da realidade vai da idea á cousa.
  • A materia é unha realidade dinámica.
  • Só é posíbel unha interpretación mecanicista da realidade.

5. O materialismo histórico:

  • Concibe a historia como o produto das ideas e a vontade.
  • Concibe a historia como unha colección de feitos materiais.
  • Proponse explicar a historia a partir da produción práctica da existencia.

6. Segundo Marx, o motor da historia é:

  • O conflito do ser humano coa natureza.
  • A loita de clases.
  • O proletariado.

7. Segundo o materialismo histórico:

  • A conciencia determina as formas de produción material da existencia.
  • O modo de produción da vida material condiciona o proceso social, político e espiritual da vida.
  • A realidade material depende da vontade e desexos dos seres humanos.

 

| Volver a Marx (exercicios) | | Volver aos Exercicios |

 

Test 1 sobre a obra de Marx


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0