Reconstrúe a frase de Marx
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 7. a unha pauta situada fóra dela; a produción
- 17. caudillos e do Estado, as loitas relixiosas
- como algo accesorio, que nada ten que ver
- como algo separado da vida usual, como
- 5. co desenvolvemento histórico. Isto fai que
- 13. dos homes fronte a natureza, o que
- na historia as accións políticas dos
- xera a antítese de natureza e historia.
- época histórica, as ilusións desta época.
- fixo caso omiso desta base real de
- a historia deba escribirse sempre con arranxo
- 3. a historia, ou considerouna simplemente
- 9. mentres que a historicidade maniféstase
- 19. obrigada a compartir, especialmente, en cada
- 11. como algo extra e supra terreal. Deste modo,
- 15. Por iso, esta concepción só acerta a ver
- real da vida revélase como algo protohistórico,
- exclúese da historia o comportamento
- 1. Toda a concepción histórica, ata agora,
- e as loitas teóricas en xeral, e vese
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Toda a concepción histórica, ata agora, fixo caso omiso desta base real da historia, ou considerouna simplemente como algo accesorio, que nada ten que ver co desenvolvemento histórico. Isto fai que a historia deba escribirse sempre de acordo cunha pauta situada fóra dela; a produción real da vida revélase como algo protohistórico, mentres que a historicidade maniféstase como algo separado da vida usual, como algo extra e supra terreal. Deste modo, exclúese da historia o comportamento dos homes fronte a natureza, o que xera a antítese de natureza e historia. Por iso, esta concepción só acerta a ver na historia as accións políticas dos caudillos e do Estado, as loitas relixiosas e as loitas teóricas en xeral, e vese obrigada a compartir, especialmente, en cada época histórica, as ilusións desta época."
Karl Marx, "A Ideoloxía Alemá"