Reconstrúe a frase de Aristóteles
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- determinada pola razón e tal como
- 11. atopa e elixe o termo medio.
- 5. a determinaría o home prudente.
- 1. A virtude é, polo tanto
- 15. perfección e do ben, é extremo.
- pero a partir do punto de vista da
- Polo cal segundo a súa substancia e a definición
- Posición intermedia entre dous vicios, o
- 13. que expresa a súa esencia, a virtude é medio
- un hábito selectivo, consistente en
- 3. unha posición intermedia para nós
- 7. un por exceso e o outro por defecto.
- E así, uns vicios pecan por defecto
- e nas accións, mentres que a virtude
- 9. e outros por exceso do debido nas paixóns
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"A virtude é, polo tanto, un hábito selectivo, consistente nunha posición intermedia para nós, determinada pola razón e tal como a determinaría o home prudente. Posición intermedia entre dous vicios, o un por exceso e o outro por defecto. E así, uns vicios pecan por defecto e outros por exceso do debido nas paixóns e nas accións, mentres que a virtude atopa e elixe o termo medio. Polo cal segundo a súa substancia e a definición que expresa a súa esencia, a virtude é medio, pero desde o punto de vista da perfección e do ben, é extremo."
Aristóteles, "Ética nicomaquea"