Reconstrúe a frase de Aristóteles
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 3. causan as percepcións dos nosos
- de obrar, máis aínda cando non nos propoñemos
- da súa utilidade, sobre todo as da vista.
- os outros sentidos. E a razón diso é que a vista
- o desexo de saber. O pracer que nos
- 7. En efecto, non só cando temos intención
- 11. os demais coñecementos que nos dan
- 5. Agrádannos por si mesmas, independentemente
- 9. ningún obxecto práctico, preferimos,
- por dicilo así, o coñecemento visíbel a todos
- 13. dános a coñecer os obxectos mellor que calquera
- sentidos son unha proba desta verdade.
- 1. Todos os homes teñen por natureza
- dos outros sentidos, e descóbrenos entre
- 14. eles gran número de diferenzas.
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Todos os homes teñen por natureza o desexo de saber. O pracer que nos causan as percepcións dos nosos sentidos son unha proba desta verdade. Agrádannos por si mesmas, independentemente da súa utilidade, sobre todo as da vista. En efecto, non só cando temos intención de obrar, máis aínda cando non nos propoñemos ningún obxecto práctico, preferimos, por dicilo así, o coñecemento visíbel a todos os demais coñecementos que nos dan os outros sentidos. E a razón diso é que a vista dános a coñecer os obxectos mellor que calquera dos outros sentidos, e descóbrenos entre eles gran número de diferenzas."