A análise: exercicios prácticos

Exercicio 2

Analiza o seguinte texto de J.L. Pinillos (o mesmo do exercicio 2 do resumo):

"A memoria e o esquecemento"

"Ata agora ocupámonos sobre todo do aspecto adquisitivo da aprendizaxe, prescindindo case por completo doutros aspectos que, como a retención e a lembranza, forman parte esencial do mesmo, Unha aprendizaxe cabal comporta, non obstante, a retención do adquirido e a posibilidade de poder lembralo nalgunha maneira, Os nosos hábitos adaptativos, a vivencia da nosa identidade persoal e a continuidade do mundo que rodéanos, procesos todos eles relacionados coa aprendizaxe, dependen esencialmente desta capacidade de relacionar o pasado co presente que se manifesta na lembranza. Basicamente, lembrar e esquecer poden considerarse como o anverso e o reverso dun mesmo proceso; o esquecemento consiste na diferenza entre o que se retén e o que se aprendeu e, aínda que non pode medirse de forma directa, non pode ser considerado como -unha simple perda senón como o resultado de procesos activos, adquirindo así certa substantividade fronte á memoria. A lembranza, pola súa vez, consiste na evocación de contidos fixados nun tempo pasado, evocación que se apoia basicamente en procesos mentais de recoñecemento e reprodución dos devanditos contidos.

Para obter unha visión completa da aprendizaxe debemos saber, pois, non só canto retemos do que aprendemos, senón tamén por que esquecemos o resto, como deformamos os nosos recordos e por que esquecemos precisamente unhas cousas máis que outras."

J.L. Pinillos, "La mente humana", (p.41), Salvat ed., Madrid, 1969

Proposta de solución:

(Imos insistir preferentemente na distinción dos contidos: falta mellorar, como verás, a explicación dos contidos e a análise da estrutura argumentativa, que podes completar segundo as instrucións recibidas)

José Luis Pinillos pretende, con este texto, recalcar a pertenza de procesos mentais como a lembranza e o esquecemento ao ámbito da aprendizaxe, ata o punto de que toda explicación da aprendizaxe que prescindise deles resultaría incompleta. Podemos distinguir dúas partes na argumentación de Pinillos:

Na primeira parte, que coincide co primeiro parágrafo, o autor infórmanos, en primeiro lugar, dos aspectos de que se ocupou no seu estudo da aprendizaxe, chamando a nosa atención sobre outros aspectos deixados, ata agora, á marxe, do seu estudo: a retención e a lembranza (liñas 1-4). A seguir, salienta a importancia de tales procesos na vida humana, e a sua innegábel relación coa aprendizaxe (liñas 4-10). Por último, ofrécenos senllas definicións de lembranza e esquecemento tendentes a precisar o sentido das súas afirmacións (liñas 10-19). Como vemos, éstános presentando as premisas nas que baseará as súas conclusións.

Na segunda parte, á que dedica o segundo parágrafo, expón a consecuencia que se segue do exposto anteriormente: obter unha visión completa da aprendizaxe esixe contar non só coa análises dos procesos adquisitivos, senón tamén co dos procesos de lembranza e esquecemento (liñas 18-21).