Reconstrúe a frase orixinal
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- 9. "O Capital" é necesario elevarse ata a reprodución:
- (da súa produción). Agora ben, as condicións de
- (reprodución do salario destinado á
- 25. á clase obreira mediante a represión e a ideoloxía.
- aquí onde intervén o papel do Estado e de
- 13. condición de conducir unha loita de clases
- condicións da explotación que a clase capitalista
- 15. de clases prodúcese perpetuando ou reproducindo
- 17. da explotación. Realízase na produción
- debe reproducilas custe o que custe. Para comprender
- é dicir, dura na historia, se ao producir, non reproduce
- 5. existencia da sociedade capitalista son as
- explotación (que impón na produción) senón a
- 7. fai sufrir á clase obreira; e a clase capitalista
- Igrexa, información, sistema político), para someter
- as condicións materiais e sociais da súa existencia
- 3. as condicións materiais, ideolóxicas e políticas
- 23. os aparellos ideolóxicos do Estado (Escola,
- permanente contra a clase obreira. Esta loita
- 1. Pero isto non é todo. Ningunha sociedade existe,
- 11. pode asegurarse a estabilidade e a duración da
- 19. reprodución da forza de traballo; represión,
- sancións, despedimentos, loita antisindical. etc.).
- 21. Realízase tamén fóra da produción: é
- e comprenderase entón que a burguesía non
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Pero isto non é todo. Ningunha sociedade existe, é dicir, dura na historia, se ao producir, non reproduce as condicións materiais e sociais da súa existencia (da súa produción). Agora ben, as condicións de existencia da sociedade capitalista son as condicións da explotación que a clase capitalista fai sufrir á clase obreira; e a clase capitalista debe reproducilas custe o que custe. Para comprender "O Capital" é necesario elevarse ata a reprodución: e comprenderase entón que a burguesía non pode asegurarse a estabilidade e a duración da explotación (que impón na produción) senón a condición de conducir unha loita de clases permanente contra a clase obreira. Esta loita de clases prodúcese perpetuando ou reproducindo as condicións materiais, ideolóxicas e políticas da explotación. Realízase na produción (reprodución do salario destinado á reprodución da forza de traballo; represión, sancións, despedimentos, loita antisindical. etc.). Realízase tamén fóra da produción: é aquí onde intervén o papel do Estado e dos aparellos ideolóxicos do Estado (Escola, Igrexa, información, sistema político), para someter á clase obreira mediante a represión e a ideoloxía."
Louis Althusser