Reconstrúe a frase orixinal
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- nalgunhas palabras a Tese esencial
- 7. é un acontecemento teórico e político
- f ilosóficos, diría: Marx fundou unha ciencia
- 5. nova, a ciencia da Historia.
- 3. que tratei de defender nos meus ensaios
- 1. Se se me pedise que resumise
- sen precedentes na historia humana.
- E engadiría: esta descuberta científica
- 9. E precisaría: este acontecemento é irreversíbel
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Se se me pedise que resumise nalgunhas palabras a Tese esencial que tratei de defender nos meus ensaios filosóficos, diría: Marx fundou unha ciencia nova, a ciencia da Historia. E engadiría: esta descuberta científica é un acontecemento teórico e político sen precedentes na historia humana. E precisaría: este acontecemento é irreversíbel."
Luis Althusser