Eficiente - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Eficiente
Dise da causa que actúa como axente produtor dun obxecto artificial ou dun fenómeno natural. A física dos filósofos modernos, quen apelarán exclusivamente á causalidade eficiente para explicar os fenómenos naturais, rexeitará a teoría aristotélica das catro causas, (material, formal, eficiente e final).