Eclecticismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Eclecticismo
En xeral, o termo eclecticismo aplícase a toda posición filosófica que intenta harmonizar nunha soa doutrina elementos procedentes de correntes filosóficas distintas.

Do grego "eklektikós", (etimoloxicamente, escolleito, seleccionado), o termo foi utilizado na antigüidade para referirse á tendencia, común ás escolas filosóficas postaristotélicas, a harmonizar doutrinas procedentes de diversas escolas ou correntes de pensamento, seleccionando o que se consideraba valioso en cada unha delas e intentando minimizar as diferenzas, que se consideraban, a miúdo, puramente terminolóxicas. Cicerón, na antigüidade, e Victor Cousin, na época moderna, considérase representantes típicos do eclecticismo.